xoves, 21 de marzo de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: ONDE PERDEU LÚA A RISA?

Hoxe estivo con nos o pai de Héctor e contounos Onde perdeu Lúa a risa?, un conto da Editorial KALANDRAKA chulísimo!!!! Bruno es un xenio e fíxoo moi ben. Tamén truoxo unha sorpresa... plumas de diferentes paxaros... que fan cóxegas!!!. Por iso demoslle unha aperta moi forte e agasallámolo cun montón de bicos. Esperamos que veñan outro día. GRACIÑAS BRUNO!!!

martes, 19 de marzo de 2013

¡A GARABATEAR! PERO... QUEN COME OS NOSOS GARABATOS?



De novo  traballamos con Hervé Tullet, un mago que fai libros xeniais e diferentes coma este. 
¡A GARABATEAR! está editado pola editorial EL ALEPH . Este é un libro cheo de debuxos orixinais que invitan a imaxinar e estimulan a creatividade dos nosos pequenos e pequeñas.   
Ten moitas posibilidades pero hoxe nos estivemos dándolle de comer aos monstros que estaban moi enfadados porque tiñan moita fame.  Agora xa son os nosos amigos e estarán uns días con nos, na nosa biblioteca.


luns, 18 de marzo de 2013

OBRADOIRO DE ARTE: ANDY WARHOL



A EDITORIAL COMBEL ten una colección chamada ¡MIRA QUÉ ARTISTA!, á que pertence este libro. Dentro do proxecto que os bolboretas están realizando sobre a reciclaxe, tamén traballan a ANDY WARHOL, o xenial artista que revolucionou o mundo da arte.  Con este libro coñecemos moitas das obras que fixo, e tamén, estivemos imitando unha das súas técnicas. Trátase  dos retratos, mesturando pintura, transparecias e superposicións. Quedáronlles moi chulos!!!


OS KOALAS COMEZAN UN NOVO PROXECTO!!!

Hoxe estiveron na biblioteca Antía e Raúl para recoller un pedido. Necesitaban libros onde puideran atopar cousas de momias e de Exipto, que é o tema do seu novo proxecto. Leváronse unha chea deles para a súa aula!!!!

mércores, 13 de marzo de 2013

PARTICIPAMOS NOS ENCONTROS DO PLAMBE 2013.

A pasada semana, o xoves 7 e o venres 8 de marzo, estivemos en Santiago de Compostela, participando nos encontros do PLAMBE 2013. Neste encontro, os coordinadores das bibliotecas escolares dos centros educativos, recibimos información e formación que nos axudará a sacar un maior proveito a este recurso dos centros. Tamén foi un punto de encontro para ensinar, coñecer e compartir ideas e experiencias.


martes, 12 de marzo de 2013

"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" PARA O I-PAD!!!!



 "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" é un estupendo proxecto de Dada Company, editorial de libros y aplicaciones interactivas. Trátase dunha adaptación do conto de Jêrome Ruillier editado pola Editorial Juventud. Nos dous soprtes atoparedes  un libro ideal sobre os valores. Os seus personaxes, círculos e un cadrado, ensínannos a expresión e importancia da amizade, a colaboración, o traballo en equipo para a busca de solución, a igualdade e a integración social.

 "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" foi galardonado co BolognaRagazzi Digital Award 2013, na categoría de ficción como a mellor aplicación na súa edición en lingua inglesa. 

Na nosa biblioteca ten moito éxito!!! Incluso co i-pad do revés!!!


Aprendemos os fonemas cos iPad


 

luns, 11 de marzo de 2013

“CLAUDIA EN EL CIRCO”UN CONTO… PARA VIVIR O CIRCO.


Este título da editorial erre-eme, escrito por Raúl Sueiro, ensínanos a importancia da imaxinación. Claudia é una nena que xoga na súa habitación, imaxinando que está nun circo e todas as cousas que pode facer nel. Os bolboreta tamén quixeron experimentar una delas, a que máis lles gustou e que chamaron,  “O CAÑON LANZAPERSOAS”. Aquí podedes ver como puxeron a súa imaxinación a funcionar para crear un, co fin de probalo. QUEN DIXO MEDO?


ESTRENAMOS MOBLES!!!!!!!!!!!!




Levamos un tempo de reformas na biblioteca da nosa escola, pero por este ano xa rematamos. Aquí tedes unas fotos dos novos mobles que mercamos e podedes ver como temos novos recunchos que fan que a nosa mascota Libriño e os noso pequnos estean máis contentos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...