sábado, 28 de novembro de 2015
A HISTORIA DO ESQUELETE PIRATA E A SÚA TRIPULACIÓN COME OLLOS!!!
A nai de Xana, trouxo ao cole un esquelete pirata e o pai de Anxo e Nora unha bolsa chea de ollos de golosina. E con todo iso, nos creamos esta pequena, divertida e deliciosa historia .
"EL LIBRO DE LOS PIRATAS" DE CARMEN GIL, CON ANXO E NORA!!!
Anxo e Nora trouxeron este libro e da súa man, descubrimos outro tipo de piratas: unha avóa que loitaba cunha espumadeira e unha agulla de calcetar, un pirata que tiña medo hasta das moscas, un pirata gurmet, e moitos máis. Fixeron unha sesión de contacontos xenial!!!
E despois, nos cos nosos disfraces e cousiñas que temos pola clase inventamos outros piratas tan graciosos como os do libro: pirata Fregona, pirata Escarola, pirata Avóa rosa e pirata "Hawaiano con flores". E con eles representamos unha batalla de piratas, nun mar cheo de quenllas moi perigosas. Foi moi divertido!!!
E despois, nos cos nosos disfraces e cousiñas que temos pola clase inventamos outros piratas tan graciosos como os do libro: pirata Fregona, pirata Escarola, pirata Avóa rosa e pirata "Hawaiano con flores". E con eles representamos unha batalla de piratas, nun mar cheo de quenllas moi perigosas. Foi moi divertido!!!
luns, 26 de outubro de 2015
Comeza a súa viaxe a mochila viaxeira dos coelliños de cores.
Lembrade que estará nas vosas casas dende o venres ata o xoves seguinte. Disfrutade moito desde experiencia para toda a familia.
domingo, 5 de xullo de 2015
NO VERÁN.... UN CONTO!
Aquí tedes estas actividades relacionadas cos contos que se van levar a cabo en diferentes zonas de vigo por se son do voso interese. No último documento atópanse máis detalladas e para calquera dúbida podedes consultar nesta páxina snl.vigo.org
luns, 29 de xuño de 2015
O NOSO PADRIÑO RAMÓN TRIGO VAI IMPARTIR UN OBRADOIRO INFANTIL NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR
O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro
infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un
libro”. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 6, 7 e 8 de xullo en horario
de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes
tomen cadansúa merenda que leven preparada da casa.
Partindo de obras da súa autoría,
como “O pirata Pata de Lata“,
ilustrada por Ramón Trigo e publicada por KALANDRAKA, os nenos e nenas farán un
achegamento ao proceso de creación dun libro impreso: a concreción dunha idea,
a estrutura do relato, os bosquexos das ilustracións, a redacción da historia e
o debuxo das imaxes que acompañan o texto. Ao remate do obradoiro, os nenos e
nenas poderán levar o seu traballo encadernado, como se dun libro propio se
tratara, para compartilo coa familia e cos amigos.
A actividade ten por obxectivo
estimular a súa imaxinación, que se manteñan activos tamén durante as vacacións
estivais, e que desenvolvan as súas habilidades literarias e plásticas, ao
tempo que as nais e os pais teñen unha axuda para poder conciliar a vida
laboral e familiar.
Ademais de autor e ilustrador,
Ramón Trigo ten experiencia impartindo obradoiros para público infantil e
adulto. De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística en
xornais e revistas especializadas en banda deseñada. As súas primeiras obras
pictóricas datan da década de 1980; dende entón ilustra libros para varias
editoriais -algúns incluídos na selección The White Ravens- e realiza
exposicións cos seus cadros e esculturas. A súa obra presentouse en países
como Alemaña, Bélxica, Lituania, Italia e Portugal. Entre as distincións que
recibiu destacan o Premio Arte Xove Galego, os premios de álbum ilustrado
infantil Cidade de Alicante e Cabildo de Gran Canaria. O seu libro máis
recente, “Leviatán“,
publicado no selo Faktoría K, gañou o Premio Lazarillo 2012 e o Premio Isaac
Díaz Pardo de Ilustración 2015 outorgado pola Asociación Galega de Editores.
O obradoiro ten un custe de 30
euros polos tres días e as prazas son limitadas. As inscricións pódense
formalizar en LIBROS PARA SOÑAR (rúa Triunfo 1, Vigo) por teléfono no número
986 43 37 68 ou por correo electrónico no enderezo lps@kalandraka.com.
venres, 19 de xuño de 2015
mércores, 17 de xuño de 2015
LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Comezamos este proxecto con moita ilusión e moitas ganas, a profe Chus e a profe Marta déronlle moitas voltas antes de poñelo a andar, Tegriña e máis Libriño daban chimpos de ledicia pensando no resultado final. No medio houbo algúns atrancos, pero tamén moitas anécdotas e ilusións compartidas, os nenos e nenas eses grandes magos fixeron posible que cada luns aprenderamos cousas novas, puidesemos compartir sabiduria, facer comparacións, diferenciar olores e incluso sabores, que a nosa horta crecese coas vosas aportacións e as nosas mochilas se enchesen de agasallos. Comezamos coa albahaca, e continuamos coa aloe vera, xarope de cenoria e mel, árnica, melisa, eucalipto, lavanda, ruda, romero, menta, celidonea, o allo, a herba luisa, xarope de mel e limón, clorofila e que mellor maneira de rematar que cun QUÉRO T VERDE como o que tomamos... Pois ben todo isto non sería posible sen a vosa colaboración . GRACIÑAS FAMILIAS!!!!
AGORA XA TEMOS COMPLETO O NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
André trouxo ao cole a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais. Escolleu a clorofila e explicounos que a teñen todas as plantas verdes, falounos da fotosíntese que realizan as plantas e o beneficioso que é para ter unha pel luminosa tomar clorofila, ademais de que nos axuda a facer mellor a dixestión e boa para eliminar toxinas, para protexer o estómago.Tamén nos dixo que as persoas que a toman teñen unha boca moi moi limpa. Pero o mellor estaba por chegar puidemos probar infusión de té verde que é unha das plantas que aporta clorofila, así como as espinacas o brocoli etc. A todos nos encantou a infusión.
Another free picture collage by Smilebox |
luns, 15 de xuño de 2015
DERRADEIRAS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Hoxe foi un día moi intenso, ademais de explicarnos Esther o seu remedio tamén o fixeron Nora e Anxo. Nora escolleu a celidonia que é unha planta que crece xeralmente nos muros e que serve para tratar as afeccións da pel. Cando a botamos na pel ten unha cor amarela pero co paso do tempo escurese. Todos quixemos levar unha pintiña amarela na nosa man e así poder vela e ensinarlla as nosas familias.
This collage customized with Smilebox |
A continuación de Nora chegou o turno de Anxo que nos explicou outra propiedade do eucalipto que non coñecíamos. Resulta que tamén é moi boa por non dicir case milagrosa para curar úlceras, rozaduras ou as ronchas que lle saen os alerxicos aos metais.. Temos que ferver un par de ramas de eucalipto abundantes nunha tarteira con auga e deixala ferver durante media hora ou máis e logo limpar a ferida cunha gasa mollada nese líquido para poder volver a usar a infusión o día seguinte pódese volver a ferver.
Picture collage personalized with Smilebox |
XA TEMOS UNHA PÁXINA MÁIS DO NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Hoxe na escola disfrutamos doutra sesión do libro viaxeiro dos remedios naturais. Nesta ocasión foi Esther da clase dos coelliños de cores quen explicou o seu remedio natural que consistía nun xarope de limón e mel. Explicounos que é moi bo para curar a dor de garganta e todos os pasos que debemos seguir para poder elaboralo.
Customize your own picture collage |
mércores, 10 de xuño de 2015
REMATAN OS CONTACONTOS EN FAMILIA
Libriño está un pouco triste estes días, sabe que as vacacións están petando na porta da biblioteca e que dentro de moi moi pouco os corredores da escola estarán baleiros, non se escoitarán as voces dos nenos e nenas que tantas veces o acompañan.De súpeto lembrou que tampouco virán, por este curso escolar, máis familias a contar contos, pero xa está agardando cheo de ilusíón as visitas do próximo.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR E FACER SORRIR E SOÑAR COS VOSOS CONTOS OS NENOS E NENAS!!!!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR E FACER SORRIR E SOÑAR COS VOSOS CONTOS OS NENOS E NENAS!!!!
luns, 8 de xuño de 2015
CONTACONTOS COA FAMILIA DE ANTÍA
O pasado venres contamos coa visita dunha nova familia para a sesión de contacontos, tratábase da familia de Antía da clase das abelliñas. Mirade que ben o pasamos!!!
Free slideshow generated with Smilebox |
MÁIS E MÁIS PÁXINAS DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Menuda sorpresa dous nenos da clase escolleron o Romero, así que hoxe aprendemos un montón de cousiñas sobre esta planta grazas a Elena e a Roi. Comezou Elena explicándonos o nome científico do Romero, onde crece, como son as súas follas e a cor das súas flores, a que familia pertencen e canto pode chegar a medir esta planta. Ademáis de como recolectalas, secalas e onde se deben gardar.
a
a
Customize your own collage |
NOVA PÁXINA DO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Como cada luns chegou a hora de explicar as novas páxinas que van chegando dos remedios naturais, nesta ocasión tocoulle o turno a Xoán que nos explicou para que serve a Ruda. Aprendemos que serve para cando non somos quen de ir ao baño, para mellorar as dixestións, para aliviar a dor de cabeza... e que as súas propiedades mediciñais están nas follas por iso temos que facer unha infusión e tomala despois das comidas.
Customize a free picture collage |
venres, 5 de xuño de 2015
ALEX E TOMÁS, PROFES POR UN DÍA COS SEUS LIBROS DE CABALOS.
SEGUIMOS APRENDENDO UNHA CHEA DE COUSAS CO NOSO PROXECTO "CABALOS E PONIS", GRAZAS A ESTES PROFES TAN XENIAIS!!! GRACIÑAS CHICOS POR COMPARTIR OS VOSOS LIBROS E COÑECEMENTOS.
xoves, 4 de xuño de 2015
OUTRA PÁXINA DO NOSO LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS
Carolina veu cargadiña de cousas para colaborar co libro viaxeiro dos remedios naturais, trouxo dúas plantas ao cole unha de aloe vera e unha de lavanda. Xa están plantadas na nosa hortiña como as outras que nos trouxestes. Puidemos comparar a súa cor, a súa forma, olelas e lembrar se xa as traballaramos antes no cole.
O remedio natural que escolleu Carolina e a súa familia consistiu en elaborar un xabón co que logo agasallou a cada un dos seus compañeiros e compañeiras. Explicounos moi ben cales son os pasos que temos que facer para conseguilo e que é preciso contar coa axuda dunha persona adulta.
O remedio natural que escolleu Carolina e a súa familia consistiu en elaborar un xabón co que logo agasallou a cada un dos seus compañeiros e compañeiras. Explicounos moi ben cales son os pasos que temos que facer para conseguilo e que é preciso contar coa axuda dunha persona adulta.
This digital collage personalized with Smilebox |
O LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS MEDRA SEMANA A SEMANA
Este luns os coelliños aprendemos varios remedios naturais. Abraham adicou a súa páxina a herba Luisa que e moi boa como din as nosas avoas para a dor de barriga, así que aprendemos como temos que facer para preparar unha infusión desta planta.
Tamén Lucía trouxo a súa aportación para o noso libro dos remedios naturais, neste caso escolleu a menta que ademáis de ser empregada na cociña serve para eliminar os mocos e para aliviar as queimaduras do sol, así que xa sabedes agora que o verán está pretiño e bo ter cerca esta planta.
Customize your own free picture collage |
A free picture collage by Smilebox |
xoves, 28 de maio de 2015
CONTACONTOS COA FAMILIA DE NICOLÁS
A NOSA BIBLIOTECA SEGUE CRECENDO GRAZAS AO PLAMBE
Moitos de vos xa podestes disfrutar dalgunhas das novidades que mercamos para a biblioteca tanto na dos nenos como na de familias. Pois seguen chegando libriños que esperamos sexan do voso agrado, xa que a hora da súa elección tivemos presentes as vosas suxerencias ou as inquietudes que nos trasladades. Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito de algo tan importante como a lectura.
mércores, 27 de maio de 2015
Tomás trouxo a súa páxina do libro viaxeiro dos remedios naturais
Tomás veu ao cole cargadiño de cousas, un dente de allo con pel, outros peladiños e troceados, para explicarnos o seu remedio natural.Este consistía en empregar o allo para quitar as verrugas. Primeiro comparamos os dous dentes de allo, poidemos tocalos, ulilos, aprendimos que varios dentes de allo forman unha cabeza. Despois machacamos os allos para facer unha pasta botámoslle un pouquiño de limón para que seña máis eficaz.E xa para rematar poñemos un pouquiño desa pasta na verruga e a tapamos.
This digital collage made with Smilebox |
xoves, 21 de maio de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR
LIBROS PARA SOÑAR ORGANIZARÁ MAÑÁ UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS
EN LINGUA DE SIGNOS POLA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE AUDITIVA
“Contos signados, contos coas mans” é o lema da sesión de contacontos que se celebrará mañá venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Asistirán a profesora da Universidade de Vigo Ana Fernández Soneira, especialista en lingua de signos, e Lucía González, que pertencen ao Grupo de Investigación en Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES), que leva investigando neste ámbito dende 1997. Canda elas, participarán tamén as signantes Alba Puentes e Ruth Lamas, que tamén forman parte desta iniciativa académica.
martes, 19 de maio de 2015
SESIÓN DE CONTACONTOS COA FAMILIA DE XABIER DA CLASE DAS ABELLIÑAS
O venres pasado estivo no cole a nai de Xabier para compartir con nos unha sesión de contacontos, foi moi divertido escolleu dous contos "A Noite das Mudanzas" e "O Coelliño branco" e para rematar tivemos unha sorpresiña, mirade mirade!!!
Customize a slideshow design |
CONTACONTOS COA FAMILIA DE RODRIGO DA CLASE DAS ABELLIÑAS
Fai uns días estivemos acompañados pola nai de Rodrigo da clase das abelliñas, veu visitar a libriño e aos seus amigos e contounos o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Pero o conto tiña sorpresa se queredes saber cal é, xa sabedes aquí vos deixo a presentación.
Make a free digital slideshow |
NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS COA NAI DE URIEL DA CLASE DE 5 ANOS
Xa fai algún tempo contamos no cole coa visita da nai de Uriel viña cargadiña de cousas para traballar un conto moi fermoso, tratase nada máis e nada menos que de "El Monstruo de colores".Non podedes nin imaxinar todo o que fixemos, iso si, xa vos digo que noS divertimos moitísimo, non me creedes? pois mirade mirade!!!
Slideshow design generated with Smilebox |
CONTACONTOS COA FAMILIA DE HÉCTOR DA CLASE DE 5 ANOS
CONTACONTOS COA FAMILIA DE LAURA
Aquí vos deixo unha nova sesión de contacontos, nesta ocasión veu o cole a nai de Laura, pasamos un rato moi divertido.
Customize a free digital slideshow |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)