domingo, 11 de xaneiro de 2015

AS TARDES DO ROQUE DA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

O Roque,  é un simpático personaxe veciño do Calvario que visita  a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos dirixido a público infantil de 3 a 10 anos.

Lembrade que o 15 de xaneiro abre o prazo de inscrición para: AS TARDES DO ROQUE de febreiro ( venres, 13 de febreiro ás 18.00 h).


A xente interesada en participar nesta actividade que precisa “previa inscrición” poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

sábado, 10 de xaneiro de 2015

NOVA MAÑANCIÑA DE CONTOS EN LIBRARÍA ANDEL


Nesta nova MAÑANCIÑA DE CONTOS convidannos a disfrutar de “viaxANDo En Libros“con O Señor Gravata Torta (Contacontos)


O sábado 17 de xaneiro, ás 12 horas, en Andel (Camelias, 102, Vigo)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...