luns, 19 de decembro de 2016

BRANDÁN EN PEQUENOSCONTACONTOS CON... ¡VOY A COMEDTE!

Qué ben o pasamos con Brandán, que nos contou este conto dun lobo que falaba moi mal porque tiña un pelo na súa lingua. E que sorte tuvo de atopar uns coelliños que o axudaron...
Brandán contounos esta historia tan simpática e logo estivemos xogando a falar como o lobo, a curar ao lobo coas pinzas como facían os coellos, e a moitas máis cousas que vimos que pasaban no conto. Foi un contacontos... Xenial!!! 





martes, 13 de decembro de 2016

PEQUENOS CONTACONTOS CON MÍA E "O LIBRO DOS COELLOS".

Fai uns días, Mía trouxo ao cole un libro que fixeron ela e a súa nai. Un gran libro de coellos, onde descubrimos os reinos que temos no noso planeta, e que os coellos e coellas pertencen ao mundo animal igual que nos. Que tamén teñen familia e as lebres son as súas primas pero que corren máis rápido. Lembramos o que comen e moitísimas cousas máis... Estivemos moi moi atentos e foi unha conta historias XENIAL!!! 




mércores, 7 de decembro de 2016

CONTACONTOS EN FAMILIA COA FAMILIA DE MAURO!!!!

 A familia de Mauro visitounos para participar nos contacontos en familia, co conto "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS".
Tivemos un contacontos principal de luxo, que foi o seu irmán Manuel e que ben o fixo!!! Pero tamén colaboraron con pequenas intervencións a nai Susi, o pai Manuel e o noso amigo Mauro. Estivemos moi atentos porque o conto falaba do que temos que facer a noite que van vir os reis, para que nos deixen os agasallos que lles imos pedir.



Tamén, gustounos moito a canción que cantaba Martiño, soñando co tren que tanto desexaba e lle trouxeron os reis: o tren de Martiño chu chu chu, vai polo camiño, chu chu, chu... e o carbón que trouxo Manu o irmán de Mauro.
Como nos portamos tan ben, tivemos un agasallo un selo dun peixiño. E como eles foron uns contacontos xeniais, tiveron unha chea de agasallos...unha chuvia de bicos e unhas pinturas de cores para compartir. Graciñas por colaborar.



martes, 6 de decembro de 2016

Un novo virus no Cole

Pois sí, o temos: a cousa comeza cando Comba fala dun libro ("Lume") e se lle convida a que o traia ao Cole e o conte ao seu grupo...e o fixo tan requeteben, que se lle volve a convidar: "quéres facer de contacontos coa aula dos maiores?"; e o fixo deixando coa boca aberta ás abelliñas! Ao tempo, na súa aula xurden máis voluntarios que xa están a preparar sesións (Artai quixo probar e xa está a argallar segunda sesión e con música!).
Tamén na aula de maiores! Aitana xa fixo doblete, xeeenial, con sesión na aula das raniñas e outra na dos coelliños...e nesta, Mauro quixo imitar tamén o asunto ao tempo que falaba dos seus coelliños. Un non parar!
Fixemos unha pequena reflexión tamén comparando o libro que trouxo Aitana có que ía ensinando a profe. Non son exactamente iguáis....un deles ten pictogramas e foi xenial o ben que entenderon a diferencia! En todas, procuramos falar de temas que teñan que ver coa natureza, reciclaxe,ecoloxía, animáis...e abrimos debate ao remate do conto.

xoves, 1 de decembro de 2016

PEQUENOS CONTACONTOS CON EZEQUIEL E O CONTO DE... "LOS CONEJOS Y LOS CUADRADOS"

Ezequiel trouxo un conto cheo de coellos e cadrados moi chulo. Ensinounos todos os cadrados que eran de diferentes cores e tamaños.  Estaban agochados e tiñamos que adiviñar que eran: un vagon dun tren, unha ventana, etc. Foi un contacontos xenial!!!


E despois,  estivemos buscando onde tiñamos nos moitos cadrados, e xogamos un pouquiño con eles e coas demás figuras xeométricas.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...