luns, 18 de decembro de 2017

CONTACONTOS EN FAMILIA CON GAEL E MARÍA: " UNA HISTORIA DE DOS BESTIAS"

Hoxe tivemos unha sesión de contacotnos diferente. Porque Primeiro, escoitamos e descubrimos a historia dunha bestia pequena que atopou unha nena, e que nos contou María, a nai de Gael...



 E logo, escoitamos a historia dunha bestia enorme que atopou un animalito no bosque onde vivía.  Pero esta vez, o contacontos foi Gael. E así, descubrimos que non todos vivimos, sentimos ou vemos da mesma forma, nin as mesmas cousas e sucesos.


 Cando remataron, tivemos a sorte de ver os contos como nun teatro!!!  Porque María e Gael, fixeron de bestias e representaron as historias, FOI MOI DIVERTIDO, XENIAL!!!




Como non podía ser doutra maneira... démoslles as gracias e unha chea de bicos e apertas. E eles, trouxeron un agasallo tamén. Un marcapáxinas que fixeron e firmou Gael, para empregar cos nosos contos. MIL GRACIAS FAMILIA!!!


mércores, 22 de novembro de 2017

O CONTO QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI...

Despois da sesión de teatro con MIGALLAS, os coelliños e coelliñas falamos dos contos que nos contaron e fixemos un debuxo dun deles. Do conto que maís nos gustou.




xoves, 16 de novembro de 2017

Contiños e música con Bea Campos!

Dentro da campaña Impórtanos hoxe tivemos unha sesión de contiños e música da man de Bea Campos (Migallas Teatro). Xenial!!


luns, 13 de novembro de 2017

Contacontos en familia con Susi e Manuel, os papis de Mauro!

No proceso de biblioteca, hoxe a sesión foi dirixida por Susi e Manu, os papis de Mauro.
Grazas familia!




PEQUENOS CONTACONTOS CON MAURO E "YO PUEDO".

Mauro trouxo un conto, onde descubrimos o importante e interesante que é ter un irmán maior, polas cousas que te ensina.  E despóis, contóunos como aprendeu a xogar ás "canicas" e foi o noso mestre. Que ben o fixo e que estilo!!!
O mellor foi que trouxo unha bolsiña delas para cada un de nos. Para que practiquemos e xoguemos en casa, no parque, etc. Que sorte tivemos!!!
Graciñas por ensinarnos e polo agasallo!!!




xoves, 2 de novembro de 2017

mércores, 11 de outubro de 2017

PEQUENOS CONTACONTOS CON DARIO E "LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA"

Tivemos unha sesión de contacontos con Darío no día do seu aniversario. Foi un contacontos estupendo. E o conto tiña unha sorpresa final que nos fixo de agasallo a súa nai Cristina, para todos e todas. Mirade...





Moitas grazas aos dous. Que sorte ter amigos así!!!

mércores, 4 de outubro de 2017

Comezando...

Na aula d@s maiores temos unha enchenta de meiguiños e meiguiñas...cómo se non saberían que hoxe íamos traballar "Rosa Caramelo"?porque mirade que "panda rosa" campaba pola clase! E para botar unhas risas,nada mellor que saber das andanzas de unha Mosca moi especial...

martes, 26 de setembro de 2017

PILÚ PILÚ XA ESTÁ DE VOLTA NESTE NOVO CURSO!!!!

Xa tivemos a primeira visita do noso amigo Pilú Pilú e como sempre, veu cargado de agasallos. Nesta ocasión trouxo o conto de "Encarnita" que nos encantou e tamén uns gusanitos para compartir despois da sesión de contacontos.... Agardamos a sú próxima visita e se nos presenta novos amigos e amigas doutros coles.



martes, 6 de xuño de 2017

Contacontos de Anaya!

Grazas á ANPA e a Anaya por este contacontos chulísimo que tivemos no cole esta semana!


martes, 16 de maio de 2017

"Contacontos a dous"

Antón e máis Artai foron onte os encargados da sesión de contacontos e foi unha sesión que aproveitamos para moitas cousas, deunos moito xogo! Grazas chicos!

venres, 28 de abril de 2017

Contacontos e obradoiro cun dos contos preferidos da profe Elena: "¿Seguro que crecerá?"

Nesta semana tan especial, estivemos falando dos nosos contos preferido e tamén me tocou contar e ensinar os meus. Con este que fala de como é posible o que parece imposible... tivemos unha conversa moi interesante. E aproveitamos para facer o paixariño do conto. Mirade canto traballaron e que bonitos os fixeron. Que artistas!!!












Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...