mércores, 25 de abril de 2018

23 DE ABRIL: FESTA DA NOSA MASCOTA, LIBRIÑO!!!

Que mellor maneira de celebrar o día do libro, o día da nosa mascota da biblioteca LIBRIÑO, que disfrazándoo. Unha forma de imaxinar todos os pernonaxes que poden agardarnos nos contos e libros, e tamén, de imaxinar as moitas aventuras que con eles podemos percorrer. Esta é unha mostra dalgúns, e sentimos que non estean todos os libriños que seguen chegando....
Mil grazas familias pola vosa implicación e creatividade.








PEQUENOS CONTACONTOS CON DARÍO E "LA SEMILLITA" DE ERIC CARLE.

Un conto precioso para a época do ano na que estamos, a primavera. Darío foi un contacontos estupendo e tivo a todos e todas moi atentos, percorrendo o mundo coas sementes.






MÁIS RECURSOS CO PLAMBE!!!

Seguimos dentro do PLAMBE o Plan de Mellora de Bibliotecas da Xunta de Galicia. E grazas as actividades que facemos entre todos e todas, cada ano, recibimos un diñeiro que invertimos en novos recursos para actualizar o noso fondo literario. Aquí tedes parte do que mercamos estes días.




venres, 20 de abril de 2018

O NOVO LIBRO DOS COELLIÑOS E COELLIÑAS TITÚLASE "HOTEL MEDO".

Seguimos coa editorial aberta. Imaxinando, pensando como facer eso que imaxinamos, construindo e gozando do resultado. Comezamos escollendo un dos temas que quixeron para facer os libros, que foron: dinosaurios, animais, palabras, países e medo. O que dedicidon foi facer un de medo, parecido á película do Hotel Transylvania. E iso fixemos, un hotel cheo de habitacións. Alí atopamos xente maléfica, terrorífica e todos e todas, fan cousas horribles aos que chaman á súa porta.
de novo, un traballo moi completo onde pesamos,chegamos a acordos, escollemos personaxe, debuxamos, coloreamos, recortamos, escribimos, numeramos, compoñemos, ordenamos, encuadernamos. Unha chea de actividades cun fin común, un libro de todos e todas, para todos e todas.












Logo tivemos unha sesión de contacontos para divertirnos co que fixemos e ver o ben que nos quedou. Realmente uns  artistas!!!




xoves, 12 de abril de 2018

ASÍ FIXEMOS O NOSO PRIMEIRO LIBRO DE ADIVIÑAS TITULADO ¿QUEN ESTÁ NA FLOR?

Na aula dos coelliños estamos a facer unha investigación sobre o mundo dos contos e libros: onde se fan, quen os fan e como se fan. E xa fixemos o nos primeiro libro. Nesta tarefa coñecimos algunhas profesións e tamén  empregamos algunhas máquinas para facelos. Un traballo entre todos e todas que nos quedou chulísimo e co que logo xogamos.
E xa decidimos, todos os libros que fagamos nos días vindeiros, poderán levalos para xogar coas súas familias na casa. Pasadeo ben!!













Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...