Hoxe 24 de outubro celebrase o Día das Bibliotecas. Non queríamos deixar pasar esta ocasión, sen reflexionar sobre a importancia do seu uso, como espazo de aproximación a novos coñecementos e de crecemento persoal.
Nestes tempos que
corren ante o COVID 19 tivemos que facer restricións no uso da biblioteca da
escola, posto que o espazo destinado, é moi pequeno. Dotamos as aulas de máis
fondos e o préstamo semanal realizase dende titoría. @s Pitiñ@s e @s
Formiguiñ@s xa están a gozar dos contos cada fin de semana nos seus fogares. Os
Dinos farano moi pronto, xa que o primeiro, é adaptarse as novas rutinas da
escola.
Queremos que as
familias tamén teñan acceso o uso da biblioteca, porén o vindeiro martes día 27
de outubro restablecese a biblioteca de familias. No patio cuberto da escola haberá
un moble expositivo cheo de diversas lecturas dirixidas @s adult@s. A temática
dos fondos é moi diversa: Cociña, Bricolaxe, manualidades, plantas medicinais,
horta, xogos populares, psicoloxía, pedagoxía, educación emocional, resolución
de conflitos, separacións, adopcións, etc.
O horario será de
16:00 as 17:00 os martes. A elección farase de un en un respectando a distancia
de seguridade. Moitas grazas pola colaboración.
“Para
viajar lejos,
No hay
mejor nave
Que un
libro”
Emily
Dickinson