martes, 27 de abril de 2021

Día do libro

A pasada semana desfrutamos da semana do libro con moita intensidade. No seguinte vídeo as nenas e nenos da aula de 4 anos explícanos que é un conto e por qué lles gustan tanto.

   

Os cativos e cativas da escola fixeron de contacontos durante toda a semana para os seus compañeiros e compañeiras de aula. Trouxeron contos durante toda a semana para así nutrirse de novas aventuras da man dos seus iguais.

 

Día do libro CEIP SANTA TEGRA

Este ano non podemos facer actividades xunt@s, pero grazas á tecnoloxía sempre temos alternativa!

Compartimos convosco esta contada que nos fan os nosos compis de 3º de Primaria do CEP Santa Tegra polo Día do Libro. GRAZAS!!!

CLICK PARA ACCEDER AO VÍDEO


AMOR

 

                                     

"... a miña avoa fai unha raia rebozada que está boísima"

"o Amor", a emoción traballada con este conto é un sentimento difícil de definir, polo etéreo, infindo, sútil... Quizais non precisemos definila, senón sentir...
As crianzas utilizan vocábulos como: corazón, bico, aperta, quérote, unicornio...

Avós é a historia de Manuela e Manuel, dúas persoas maiores que a través dos seus actos cotiás reflicten os sinais que o devir do tempo vai deixando no seu corpo e na percepción que teñen das súas capacidades "... non che son unha nena para andar de festas".

A descripción destas pegadas representadas na figura de Manuel e Manuela convértese nunha declaración de amor, admiración, comprensión e tenrura... que remata cun baile e unha aperta entre os protagonistas.

Vivimos intres nos que as manifestacións de amor (bicos, apertas...) están limitadas ao ámbito familiar e as imaxes violentas e noticias tráxicas están instaladas nas nosas vidas. Polo que cumpre dedicarlle un espazo ao "AMOR"

Na aula das pitas/os  fixémolo cunha serie de actividades:

Lectura do conto "AVÓS". Que palabras utilizaríades para definir o amor?: baile, corazón, coidar, conectar, apoio...

- Debuxo das avoas e avós: debuxan, escriben os nomes, contan anécdotas...

- Xogar a dicir "cousas bonitas" das compañeiras/os que temos a cada lado

- Escribir cartas de Amor; dirixidas a alguén que as crianzas escollen libremente, expresando o que sinten e familiarizándose coa expresión escrita de sentimentos.

- "o panel do Amor" é un mural onde as crianzas colocan fotografías das persoas ás que queren. Decorado con símbolos e palabras que representan a emoción do amor.




- "A caixa dos tesouros": cada nena/o decora unha caixa co fin de gardar nela as súas cousas máis prezadas e aqueles obxectos que os fan pensar no amor e nas persoas que queren.



- As apertas musicais: ao son da música as crianzas desprázanse pola aula; cando a música cesa , danlle unha aperta á nena/o que teñan máis próxima/o.

- Regalamos bicos: pintan os beizos para despois estampalos nunha tarxeta que regalarán coma un bico.

- Como debuxarías o amor?: representan plasticamente o amor. Mentres realizan a actividade escoitan música relacionada con esta emoción

- Arrolámonos: por parellas cada unha/un escolle un rol (nai, pai, bebé). Buscan unha postura cómoda para abanar á criatura e que adormeza mentres escoitan unha nana. Despois intercambian os roles. Ao rematar conversamos sobre o que sentiron.

Conversamos sobre o final do conto, e as ilustracións que nel se recollen, onde se reflicten todas as vivenzas comúns da avoa/ó. Cada nena/o expresa as cousas que lle gusta facer coa xente que quere.
  • boto arroz na cazola cando mamá cociña e tamén durmo con ela
  • axudo a colocar os cereais no almorzo
  • boto de menos xogar as agarradas co meu pai
  • preparo o almorzo con mamá
  • co meu can vexo a tele
  • preparar o almorzo con mamá cando non hai escola
  • xogar coa miña prima na súa casa nova
  • sentarme ao lado de Nora
  • cando a miña nai e o meu pai veñen a buscarme á escola
  • sentarme ao lado de Neus e xogar con ela
  • pasear coa miña irmá e inventar xogos con ela
  • abrazar a mamá e que me lave os dentes
  • xogar con papá as agarradas na cama e que me ensine a xogar ao xadrez

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...