domingo, 30 de maio de 2021

Actualizamos catálogo da Biblioteca de familias!

 Aproveitade este último mes do curso para solicitar algún libriño da Biblioteca de Familias! Aquí tedes o catálogo actualizado cos últimos exemplares que incorporamos (CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO DOCUMENTO).



sábado, 22 de maio de 2021

Letras galegas! 17 de Maio do 2021

A semana previa das Letras Galegas e ó longo de toda esta, na nosa escola, leváronse a cabo gran variedade de actividades para conmemorar o día da nosa lingua. 

Os nenos e nenas de tres anos fixeron verdadeiras obras de arte arredor da figura de Xela Arias e mesmo se aventuraron a adentrase en numerosas contadas en galego de contos que temos na nosa biblioteca. 

As nenas e nenos de 4 anos mostráronnos canto aprenderon de Xela Arias dun xeito divertido. Cando o alumnado se sente observado proliferan os nervios... e das tomas falsas suceden escenas extraordinarias!

 

Elaboraron retratos de Xela Arias sobre un fondo negro que facía resaltar as súas dotes artísticas.   

Dende Normalización elaboramos con agarimo uns ramiños con verbas escritas en galego (quérote, agarimo, bicos, riquiño, ...). Foi un agasallo para os nosos maiores da residencia de anciáns que temos o lado da nosa escola. Os nosos avoiños e avoiñas quedaron encantados e encantadas con semellante sorpresa.



No préstamo do venres escolleron un conto en galego para levar a casa.  Para deste xeito encher os fogares da riqueza da nosa lingua!

mércores, 12 de maio de 2021

Novos exemplares!

Ó longo do curso fomos ampliando os nosos fondos grazas ó Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe), no que un ano máis nos atopamos inmersos e inmersas. A continuación unha pequena mostra das adquisicións en galego, inglés e castelán.





Ademáis estamos incorporando na nosa biblio xogos cos que poder facer dos nosos patios de días chuviosos momentos de desfrute compartido. Desexamos que para o vindeiro curso poidamos empregalos. 



sábado, 8 de maio de 2021

Pensar no proceso e non no resultado!

En moitas ocasións os nenos e nenas cando debuxan ou fan algo con tanto agarimo sempre soen dicir "profe y esto me lo puedo llevar para casa"... e nesta ocasión non foi diferente. 

Se desenvolvemos unha proposta de arte conxunta repartímola entre os cativos e cativas da aula. Dividimos o mural en tantas subproducións de tamaño A4 como nenos/as na aula. Nesta ocasión ese reparto levounos a facer estes marcapáxinas feitos con elementos naturais.

O proceso para a súa elaboración pasou por distintas fases:
  • Recollida de flores e elementos naturais na saída que fixemos a "Carballeira".
  • Solicitamos a colaboración coas familias para que o día seguinte trouxeran mais variedade de flores xa que neste espazo so atopamos de cor amarela.
  • Proposta sensorial de desfrute: tocando, ulindo, observando as cores e texturas das diferentes variedades de flores e arbustos.
  • Produción conxunta no exterior cos pétalos e restos da actividade sensorial do día anterior.
  • Uso e desfrute persoal.









¿Cómo machacar monstruos?

Dende o equipo de Normalización e Biblioteca queremos agradecer a colaboración das familias e a súa implicación nas propostas levadas a cabo ao longo do curso. 

Foron numerosas as producións que nos enviáchedes para o desfrute dos cativos e cativas nas súas aulas. A continuación mostrámosvos un conto titulado "¿Cómo machacar monstruos?" co que podemos traballar cos máis pequenos e pequenas o medo dun xeito divertido.

 

 Grazas Alía, Noelia e Karolina!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...