venres, 19 de novembro de 2021

Venres de Préstamo!

Como cada venres hoxe é día de préstamo!

Os nenos e nenas da escola desfrutan da elección dun conto atendendo os seus intereses. 

É un momento compartido, tanto na clase como na biblioteca, que fai despertar...

"o gusto por vivir novas aventuras"











mércores, 17 de novembro de 2021

Contos Virtuais!

 

Elora e a súa nai María contanos "Chibos Chibóns" con arte e agarimo.

Grazas por facernos desfrutar da lectura!


Biblioteca de Familias!

 

Boas Familias!

Aproveitamos para recordar as formas de proceder para o préstamo de Biblioteca de Familias.

1. Consulta o catálogo dispoñible premendo na imaxe que aparece a continuación.

2. Solicita un libro enviando un correo electrónico co título o noso e-mail  (eei.montedaguia@edu.xunta.gal) e enviarémolo a través da vosa filla ou fillo.


CONDICIÓNS DO PRÉSTAMO

  • O préstamo e dunha semana dende o día que o recibades e con posibilidade de prórroga solicitándoa a través do e-mail.
  • Pódense solicitar 2 libros como máximo.
  • Non se poderá solicitar outro préstamo mentres non se entregue o anterior.


Animádevos a solicitar un libro para o goce e desfrute da lectura...

Grazas pola colaboración!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...