mércores, 21 de decembro de 2022

3 desexos, para os 3 Reis!

Co fin de evitar o consumismo e reducir a cantidade de xoguetes cos que se fan as nenas e os nenos , nestas datas,  dend o equipo de Biblioteca aportamos un modelo de carta, os Reis Magos:

3 DESEXOS, para os 3 Reis!

  • Un dos Reis concede o desexo dun xoguete.
  • Outro concede algo que necesitemos: un conto, unhas zapatillas, unha prende de roupa, unha mochila, etc.
  • E o terceiro concédenos o desexo de algo que queiramos facer en FAMILIA.
Que importante é reflexionar coa cativada,  nestas datas... ! Sobre o valor que teñen as cousas e sobre a necesidade de  regalar TEMPO.



Esta Proposta nos recorda o conto "Tres Desexos" da editorial Oqo que temos na Biblioteca da escola. Aproveitamos para recomendalo e que fagades coa cativada unha reflexión tras a lectura.



Bo Nadal!




martes, 20 de decembro de 2022

Sementando Bondade

 

Boas familias!

Chega o Nadal, unha época de consumo desmesurado. E é por iso, que dende a escola queremos facer reflexionar a cativada e ás familias sobre a necesiade de deterse en pequenas accións que poden facer mudar dalgún xeito mudar o mundo.

Baseándonos na película Estadounidense “Cadena de Favores” gustaríanos facer a nosa propia cadea.

Desta idea nace “SEMENTAR BONDADE”.

Esta proposta non ten outro fin que facer sentir ben a outra persoa que o necesite dalgún xeito. Algúns exemplos de accións poderían ser:

-        -   Facer sorrir a alguén que o necesite.

-         -  Pasar tempo cos nosos maiores.

-         -  Facer un debuxo e regalarllo a aquel veciño ou veciña que sempre ten boas verbas con nos.

-          - Ceder a nosa quenda a alguén que vai con presa a compra.

-          - Ofrecer algo quente a aquela persoa sen teito pola que pasas a miúdo.

-          -  Falar con alguén que fai tempo que non o fas.

-       - Realizar un troco de contos/libros na túa comunidade ou simplemente regalar os contos/libros que xa non empregas.

-          -  Dedicar unas verbas de agradecemento.

-         - E un largo etcétera. Non dubidamos que seguro se vos ocorren moitísimas máis accións.

Cada familia terá 2 tarxetas que poderá entregar ás persoas beneficiarias das súas boas accións. Non se trata de obter nada a cambio, senón de SEMENTAR BONDADE!




Lembrade que non é obrigatorio pero recordade que un pequeno xesto pode facer moi feliz a alguén!

No Nadal e no resto do ano, non se trata de obter moitos agasallos senón poder sentilos. Isto o resume moi ben a cita de  Antoine de Saint-Exupéry “O ensencial é invisible os ollos”.



luns, 19 de decembro de 2022

Recomendacións de LECTURA para o Nadal!

 CONTOS EN CASTELÁN


"En un tarro de Cristal" 
"A paso de Tortuga"
"Un puñado de botones"


CONTOS EN GALEGO


"A mellor sopa do mundo"
"Un ano co vento"
"Un agasallo diferente"


CONTOS EN INGLÉS


"Snowballs"
"The fingers sports game"
"Giraffes can´t dance"


LIBROS DE CONSULTA E CURIOSIDADES


"Mi asombro, Gran libro de los ¿Por qué?"
"Mi primer, Gran libro de los ¿Por qué?"
"Bellezas de la naturaleza"



COLECCIÓN


"Pequeña & Grande"


LIBROS PARA AS FAMILIAS


"Mejor sin plástico"
"Educar en el asombro"
"Comprender la vida"

Bo Nadal e desfrutade da lectura!

Cóntame un conto, en familia!

Grazas  FAMILIAS por vir á escola cada venres a contarnos un conto.

ENZO e a súa mamá ANDREA elixiron "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".



NAIA e a súa mamá ALMU escolleron o "Monstruo rosa".




VICTORIA, a súa mamá Érica e o seu papá  Damián decantáronse por " El lobo de los cuentos" no día do seu aniversario.



IRIA e a súa mamá LETICIA deleitáronos con dous contos. Iria elexiu "Os animais da Granxa" e Leticia contou "Daniela a Pirata".





Grazas por acompañarnos no desfrute pola lectura!

sábado, 3 de decembro de 2022

25 N

Polo 25 de Novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller,  as tres aulas da escola, decidimos abordar o concepto de igualdade a partir do conto...

"Eranse dúas veces a ratiña presumida"


Adaptámolo conto os tres cursos, e realizamos unha contada acompañada da reproducción das imaxes no retroproxector. 

Para os máis cativos e cativas da escola foi un auténtico descubrimento!




Este conto permítenos achegar a cativada, a dar un pasiño máis cara a igualdade, destruído tópicos e máis tópicos que van aparecendo ó longo do conto.





Selección de Contos!

No corredoiro da escola temos unha estantería adicada a conmemoración máis próxima. Deste xeito as mestras teñen máis accesibilidade a temática a abarcar. 

As dúas imaxes que adxuntamos corresponden ás eleccións para o 25 N. 

Nin unha menos!



 

xoves, 1 de decembro de 2022

Mes da ciencia

O mes de Novembro foi o mes da ciencia en galego!

Na escola, para achegar a cativada o mundo da ciencia temos durante todo o curso, "Ciencia en familia". 

A continuación unha pequena mostra gráfica de experimentos para aproximar as nenas e os nenos a conceptos como capilaridade, contaminación, conxelación, electricidade estática entre outros moitos conceptos.

Na páxina principal do blogue a mostra e máis amplia.

A curiosidade das máis pequenas e pequenos non ten límite!






xoves, 3 de novembro de 2022

Os persoeiros

Durante o Samaín quixemos homenaxear aos monstros, eses persoeiros carentes de identidade relacionada co sexo ou co xénero.

Partimos da lectura de diferentes contos para reflexionar arredor dos medos ("Onde viven os monstros", "Gato Guille e os monstros", "O noso Samaín"...) e axudar á cativada a vivenciar e recuperar do esquecemento as raíces da nosa cultura tradicional galega.

Estes son instantes de diferentes propostas. Algúns grupos fixeron un debuxo colaborativo de monstros ao participar nunha descrición que se realiza mediante trazos. Cada persoa soamente debuxa a característica que se describe nese momento e posteriormente pasan o papel a persoa da súa dereita. Deste xeito fanse ao mesmo tempo tantos debuxos como participantes.

Con plastilina, arxila e pasta branca, fixeron os seus personaxes co obxectivo de incentivar que constitúan o seu estilo persoal.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...