domingo, 13 de febreiro de 2022

Agasallos sorpresa para a nosa Biblio!

Mil graciñas a Aarón e a súa familia por estes agasallos para a nosa Biblioteca!

Os libriños de Lucía Mi Pediatra xa están na nosa escoliña. Estes contiños abordan a importancia de educar na diversidade, xestionar os medos, explicar en qué consiste a visita ao pediatra, que é a febre, etc.

Prontiño estarán á vosa disposición na Biblioteca de Familias :)




venres, 4 de febreiro de 2022

QUEN FALA?

 O deseñador xaponés Taro Gomi móstranos o corpo humano a través dos sentidos e das partes das que consta. Esta obra é una ferramenta fermosa para axudar as nenas/os no coñecemento de si mesmas/os e gañar deste xeito autonomía. A súa lectura inspirou unha proposta na que as crianzas constrúen de xeito manipulativo e con diferentes materiais a figura do protagonista do conto Pablo ao tempo que intercambian comentarios e vivencias.




xoves, 3 de febreiro de 2022

Kvêta Pacovská

 Kvêta Pacovská é unha pintora, escultora e ilustradora checa. Iniciouse na arte da ilustración intentando compartir unha actividade cos seus fillos, nun intento de compartir algo creativo. A súa obra caracterízase polo uso de diferentes formas xeométricas e cores vivas, onde a miúdo predomina a cor vermella. Pacovská concibe as súas obras infantís para que estas se lean cos cinco sentidos, obras de arte en papel. O poder expresivo e evocador das imaxes e materiais busca fomentar a imaxinación e fantasía nas nenas/os. Tomando como referencia e fonte de inspiración a súa obra creamos este mural tan bonito.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...