martes, 22 de marzo de 2011

O CUCO CUQUEIRO

Volta a Primavera a Galicia e con ela voltan moitas aves que durante o inverno estiveron afastadas das nosas terras por mor do frío. O cuco é iso, un paxaro moi cuco, que ten o costume de poñer os seus ovos nos niños doutros paxaros mais pequenos para que lle coiden as súas crías, mentres el se desentende.
Pero ademais é unha fermosa canción do cantautor xa falecido, Suso Vaamonde sobre texto do gran poeta chairego Manuel María. A mellor versión do tema, ao meu gusto, é esta grabada en directo aquí ao ladiño, en Moaña, vai unha porrada de anos, no desaparecido cine-teatro Veiga. Alí Vaamonde rodeábase da frol e nata da música galega daquela (Fuxan os Ventos, Pilocha...) para crear un disco en directo imprescindible.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...