martes, 2 de xuño de 2026

LECTURAS E FAMILIAS

Derradeiro obradoiro deste curso de "Lectura e familias" da man de Dani o noso estupendo pandereteiro xunto coa asociación folclórica Tarambainas.


Galicia é terra onde o canto e o baile forma parte da identidade do pobo. Durante moito tempo a tradición oral foi a vía principal de transmisión de coñecementos. As nosas avoas transmitían a novas xeracións co que tiñan nas cociñas das súas casas ( culleres, botellas,lata...) Hoxe coñecimos como se tocaban e que calqueira cousa que temos cerca pode ser un instrumento musical. 






E para rematar puxemos en práctica todo o aprendido tocando e bailando no noso particular Serán da nosa escola ...













mércores, 29 de abril de 2026

LECTURA E FAMILIAS

O pasado xoves de 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha nova sesión de "Lectura e Familias". Este data é para celebrar a lectura e a imaxinación, e que mellor maneira que celebralo con gran Miguel Ángel Alonso Diz. 


Miguel Ángel ten unha gran traxectoria como escritor en galego e aquí tedes unha mostra.
Na súa visita á escola fixo unha contada de diversos contos tantos doutros escritores como seus.



Ata a seguinte!!!






DÍA DO LIBRO 2026

Boas, familias!! Este ano pola celebración do Día do Libro propuxemos debuxar o noso libro favorito da nosa biblio "Ramón Trigo" .

Aquí tedes unha mostra das nosas creacións.

"Ler é soñar"













 

mércores, 11 de marzo de 2026

LECTURA E FAMILIAS

Onte tivemos na nosa escola unha nova sesión de "Lectura e familias" da man de Leonor de como pez en el agua. Nesta ocasión, e aproveitando o celebración do Día da Muller, fixemos un obradoiro creativo relacionado con esta celebración. Pinturas, discos de madeira e un 8M xigante e a crear.
Como vedes as familias estaban moi motivadas no proceso creativo. Grazas pola vosa participación e ata a vindeira sesión.

venres, 27 de febreiro de 2026

VISITA DE MONDRA

 Boas familias! O pasado martes 24 de febreiro tivemos a sorte de contar no noso centro da visita do artista de Mondra. Mondra é un artista galego que canta e baila na nosa lingua galega. A través da súa música recupera cancións das nosas avoas que cantaban nos nosos fogares e nas recolleitas. 


Os nenos e nenas da nosa escola desfrutaron dunha xornada primeiro de conocemento dos intrumentos musicais que se utilizan no canto tradicional e despois movemos o corpo a través dunha muñeira.



E como fin de festa unha firma de autógrafos con pandeiretas incluídas.

Ata a próxima!!! 







luns, 9 de febreiro de 2026

CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA


 

No seguinte enlace, podedes consultar o CATÁLOGO DE FONDOS da nosa Biblioteca, que continuamos actualizando. Dende ese espazo, podedes facer consultas de títulos en concreto que vos interesen, e ver os últimos títulos adquiridos e/ou catalogados.

Lembrade que podedes facernos tamén propostas de compra! 

ACCESO AO CATÁLOGO 

venres, 30 de xaneiro de 2026

Día da Ilustración

Como cada ano celébrase o día da ilustración o 30 de xaneiro recordando o nacemento de Castelao.


 

Obradoiro de Robótica en familia

O pasado xoves 22 de xaneiro tivemos na escola un obradoiro de robótica en familia organizado polo noso centro coa colaboración de Enapas e o CFR de Vigo. O obradoiro foi impartido por Óscar Rojo cos robots de polos creativos da nosa escola. Como podedes ver foi todo un éxito de participación. 

                                                                     Grazas familias!







xoves, 13 de novembro de 2025

Inauguración da Biblioteca

Ola, familias! O pasado luns 10 de novembro abrimos a biblioteca para as familias do noso cole, todos os luns de 16:00 a 17:30 horas podedes acudir para estar na biblioteca e poder facer préstamo bibliotecario.

Como podedes ver a nosa biblio este curso é máis amplia; temos novos espazos , recursos e fondos que están esperando que veñades a visitar.

p





Esperamos as vosas visitas!!!

venres, 14 de marzo de 2025

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...