Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura e familias. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2026

LECTURA E FAMILIAS

O pasado xoves de 23 de abril celebramos o Día do Libro cunha nova sesión de "Lectura e Familias". Este data é para celebrar a lectura e a imaxinación, e que mellor maneira que celebralo con gran Miguel Ángel Alonso Diz. 


Miguel Ángel ten unha gran traxectoria como escritor en galego e aquí tedes unha mostra.
Na súa visita á escola fixo unha contada de diversos contos tantos doutros escritores como seus.



Ata a seguinte!!!






mércores, 11 de marzo de 2026

LECTURA E FAMILIAS

Onte tivemos na nosa escola unha nova sesión de "Lectura e familias" da man de Leonor de como pez en el agua. Nesta ocasión, e aproveitando o celebración do Día da Muller, fixemos un obradoiro creativo relacionado con esta celebración. Pinturas, discos de madeira e un 8M xigante e a crear.
Como vedes as familias estaban moi motivadas no proceso creativo. Grazas pola vosa participación e ata a vindeira sesión.

venres, 27 de febreiro de 2026

VISITA DE MONDRA

 Boas familias! O pasado martes 24 de febreiro tivemos a sorte de contar no noso centro da visita do artista de Mondra. Mondra é un artista galego que canta e baila na nosa lingua galega. A través da súa música recupera cancións das nosas avoas que cantaban nos nosos fogares e nas recolleitas. 


Os nenos e nenas da nosa escola desfrutaron dunha xornada primeiro de conocemento dos intrumentos musicais que se utilizan no canto tradicional e despois movemos o corpo a través dunha muñeira.



E como fin de festa unha firma de autógrafos con pandeiretas incluídas.

Ata a próxima!!! 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...