Boas familias! O pasado martes 24 de febreiro tivemos a sorte de contar no noso centro da visita do artista de Mondra. Mondra é un artista galego que canta e baila na nosa lingua galega. A través da súa música recupera cancións das nosas avoas que cantaban nos nosos fogares e nas recolleitas.
Os nenos e nenas da nosa escola desfrutaron dunha xornada primeiro de conocemento dos intrumentos musicais que se utilizan no canto tradicional e despois movemos o corpo a través dunha muñeira.
E como fin de festa unha firma de autógrafos con pandeiretas incluídas.
Ata a próxima!!!




Ningún comentario:
Publicar un comentario