mércores, 6 de febreiro de 2013

CONCURSO “CONTO POR CONTO”.

Unha nova actividade chega á nosa biblioteca!!!! O concurso de contacontos para nenos e nenas. Nas sesións de biblioteca, poden ofrecerse a contar un conto de forma individual, por parellas, en grupo, como queiran. Un xurado rigoroso e moi esixente, formado polos seus compañeir@s valorará se o fixeron ben. De ser así, gañarán un merecido premio, UN CONTO, que gozarán na súa casa para sempre. Con esta actividade, queremos fomentar a autonomía dos nosos pequenos, dándolles a oportunidade de contar, co seu propio guión e a súa creatividade. Traballamos con isto, a expresión oral, fomentando a seguridade para actuar en público xa sexa de xeito individual ou de forma cooperativa. Esperamos que vos guste tanto coma nos. 




CONTO POR CONTO 1 from maeva on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...