mércores, 6 de marzo de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: UN CONTO CHEO DE LOBOS.


Esta semana, na biblioteca tivemos a visita do pai de Antía. Veu para compartir con nos un conto moi famoso da editorial OQO: “UN CONTO CHEO DE LOBOS”. ANXO, ensinounos que existen moitos tipos de lobos e o que fan cando teñen fame e buscan comida. Tívonos a todos moi atentos e como o fixo tan ben… tivo unha chea de aplausos, bicos e unha aperta moi forte!!!!!! Por iso, acabamos todos polo chan.
 GRACIÑAS ANXO, fixéchelo moi ben, por iso, esperámoste outro día.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...