luns, 4 de marzo de 2013

UNHA PORQUIÑA MOI PORQUIÑA. "LA CERDITA CLEA"

Clea é una porquiña simpática e tenra a que lle gusta emporcase coa comida, co barro, co que sexa. Este pequeno libro con pop-ups, da Editorial SM, é da mesma colección que o coñecido “El pollo Pepe”. Estamos ante dous grandes éxitos da literatura infantil, escritos por Nick Denchfield e ilustrados por Ant Parker. 
Os nosos pequenos e pequenas de 3 anos, despois de coñecer a Clea e ao seu Tío, fixeron unha marioneta da porquiña Clea. Logo fomos emporcala ao barro do patio, para que estivera contenta, porque é o que mais lle gusta!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...