domingo, 23 de junio de 2013

FELICES VACACIÓNS!!!


AS MEDALLAS DE LIBRIÑO!!!

Rematado o curso, Libriño quixo agasallar aos noso nenos e nenas cunha pequena festa de despedida. Fixemos unha pequena paparota nas aulas e como o longo do curso, leron moito e coidaron moi ben aos seus amigos os libros, repartiu unha medallas para as boas lectoras e os bos lectores.

 

lunes, 17 de junio de 2013

PECHAMOS A BIBLIOTECA DE FAMILIAS.

Estes días, fixemos entrega dos diplomas ás familias que participaron na actividade de empréstito da Biblioteca de familias. É un pequeno agarimo por fomentar coa vosa actitude o gusto pola lectura, polos libros, albumes ilustrados e contos en xeral. 





Mil graciñas a todas por empregar este recurso da nosa escola. Desexamos que os contos, libros, DVDs que vos achegamos a través deste espazo, propiciasen moitos momentos de disfrute nos vosos fogares, o longo deste curso que xa remata.




DESAVENENCIA: UN CONTO SOBRE A CONVIVENCIA.



A Editorial Corimbo publicou este Conto titulado “DESAVENENCIA”, de Claude Boujon. Ten unhas ilustracións moi sinxelas e divertidas e como protagonistas a dos coellos. A historia trata o tema da convivencia, a través das dificultades e vantaxes que sofren e gozan os seus protagonistas, que son veciños. 
 Gustou tanto o conto que estivemos representando a historia e fixérono así de ben. 

1ª REPRESENTACIÓN:



2ª REPRESENTACIÓN:

viernes, 14 de junio de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: “HISTORIA DUNHA VACA E UN RATO” E “A XOANIÑA QUE SE FIXO PIS”.

Hoxe Mary a nai de Uxía, veu ao cole a contarnos uns contos. Fíxoo con marionetas, que é moi difícil!!! pero como é unha artista, resultou fenomenal. Nos axudamos no que pediu, estivemos moi atentos e o pasamos xenial.  
Contou un conto dun desencontró entre unha vaca e un rato, e outro dunha xoaniña que se fixo pis dentro dunha flor. Rímonos moito e por iso, tivo unha chea de aplausos, bicos e apertas. GRACIÑAS MARY!!!!!!

miércoles, 12 de junio de 2013

EL HADA DE LOS DEDOS DE LOS PIES: OBRADOIRO DE CARETAS.



Este é un conto da Editorial Miau (jaguar)), escrito por Ellen Lescoat e Orianne Lallemand. Trátase dun conto gracioso sobre o mundo dos monstros, que nos ensina que a eles cando están crecendo, non se lles caen os dentes, se non os dedos dos pes. Curioso, non? Unha vez máis, os contos ensínannos que o mundo está cheo de sorpresas.
 Logo como Crominic e Deborah, os protagonistas,  eran tan simpáticos, fixemos unha careta para converternos neles. Quedaron así de chulas!!!
 

lunes, 10 de junio de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: "TITIRICIRCUS"



Hoxe, na biblioteca tivemos a visita do pai de Manu. Veu para compartir con nos un conto moi bonito da editorial Kalandraca: “TITIRICIRCUS”.  Trátase do libro conmemorativo do 25 aniversario desta obra de teatro de monicreques, a máis representada en toda Galicia. É unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a xeracións de nenos e nenas con personaxes e destrezas inimitables. Tanxarina segue a darlle continuidade a ese mundo de soños coas funcións coas que viaxa de vila en vila.

Manuel, ensinounos con este conto a importancia das tradicións e  estivemos moi atentos. O seu agasallo foi dobre porque contouno dúas veces. Nos tamén démoslle agasallos: unha morea de aplausos, unha morea de bicos e unha aperta xigante. GRACIÑAS MANUEL, fixéchelo moi ben, por iso,contamos contigo para o ano que ven.

viernes, 7 de junio de 2013

LADA E LOPO: iMITANDO A CHRISTIAN VOLTZ

Os de 5 anos quixeron imitar a Christian Voltz, e ser ilustradores pero tamén autores dunha historia, e puxéronlle de título: LADA y LOPO. Son xeniais!!!!!!!!!!!!!
 

LADA Y LOPO from elena gómez on Vimeo.

jueves, 6 de junio de 2013

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON C. VOLTZ NA AULA DE 5 ANOS.

Na aula de 5 anos estivemos creando novos personaxes e inventando as súas historias,nomes, etc. Para iso, recolleron cousas do patio e da aula e despois mirade o que crearon. Uns verdadeiros magos da ilustración!!!!


 

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON C. VOLTZ NA AULA DE 4 ANOS.


Estes días, na aula de 4 anos estivemos facendo un obradoiro de ilustración con C. Voltz. Traballamos cos contos:
  • Onde está?
  • como cada mañana.
Fixeron unha adaptación dos protagonistas das dúas obras e despois tamén inventaron outros personaxe, mostrando a súa creatividad. Uns artistas!!!!!

CHRISTIAN VOLTZ, UN XENIO NA ILUSTRACIÓN DE CONTOS!!!!



Christian Voltz estudou ilustración na Escola Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo. Foi debuxante de portadas e ilustrador.  Colaborou en publicacións para o público xuvenil. É autor de álbums ilustrados, publicados en editoriais francesas como Rouergue, Didier e Grandor. Tamén traballa para unha productora audiovisual como director de curtas de animación. Podedes atopar máis cousas de este autor e ilustrador en  http://www.christianvoltz.com.


En España casi toda-las súas obras están publicadas coa Editorial  Kalandraka. Ten un encanto especial para os pequenos porque nas súas ilustracións  nada é perfecto e sen embargo, todo ten sentido, armonía e beleza. Nos seus libros presenta historias sinxelas, con humor e moita sensibilidade, como so saben facer os xenios.  Os títulos  máis coñecidos son: 


EL PATO RENATO: OBRADOIRO DE MÚSICA E MARIONETA.



Este é un conto da colección ¨cántame un cuento¨. Estos contos foron creados e deseñados en edición impresa e video pola Editorial Septiembre. Un conto sinxelo que nos ensina que todo problema sempre ten unha solución, por moi difícil que pareza, e aínda máis se contamos coa axuda da nosa familia.

Despois estivemos facendo a marioneta do noso pato Renato e como a súa canción era moi longa, nos inventamos unha máis pequeniña, con coreagrafía e todo.

PATO RENATO from elena gómez on Vimeo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...