lunes, 31 de marzo de 2014

ACTIVIDADES BIBLIOTECA DE CHAPELA

 
Na Biblioteca de Chapela están preparando unha actividade para cativos/-as, que terá lugar o vindeiro Venres 4 de Abril a partir das 18:00 h.
A contadora Nita achegará aos cativos contos e experimentos moi divertidos, para inicialos nesas idades na curiosidade científica.
Farán 2 grupos, con diferente nivel de dificultade:
1 - Cativos/-as de 2 a 3 anos, ás 18.00 h.
2- Cativos/-as de 4 a 6 anos, ás 18.45 h.

Para a actividade é imprescindible a inscrición previa, e tamén facer ao neno ou nena socio da biblioteca. 
Celebrarán con esta actividade o Día do Libro Infantil.
 
Agardamos que vos animedes!!!!

miércoles, 26 de marzo de 2014

CONTACONTOS NO CENTRO DE DÍA ATALAYA


ATALAYA , día da poesía

O MÉRCORES 19 DE MARZO COMPARTIMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS COS AVOIÑOS E AVOIÑAS DO CENTRO DE DÍA ATALAYA. A PROFE ELENA CONTOUNOS UN CONTO CHULÍSIMO, "UN BARQUIÑO COMA MIN".
DEPOIS COA AXUDA DOS NENOS E DOS AVÓS PREPARAMOS UN MURAL CUN BARQUIÑO, ONDE IAMOS METENDO AS NOSAS MENSAXES DE PAZ.
PASÁMOLO XENIAL E PARA REMATAR AS COIDADORAS DO CENTRO PRESENTÁRONNOS AS SÚAS MASCOTAS "TRUCO" E "BLANQUIÑA". FOI UN PRACER COMPARTIR ESTE TEMPO CON TODOS ELES. MOITAS GRAZAS POR TODO E ATA PRONTO!!!
 

lunes, 17 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA!!


NA BIBLIO, CELEBRAMOS A SEMANA DA PRENSA CON LIBRIÑO, BOTÁNDOLLE UNHA OLLADA AOS XORNAIS. VIMOS QUE TIÑAN MOITAS LETRAS E FALAMOS DO QUE VIAMOS NAS FOTOS. AGORA XA SABEMOS QUE NAS BIBLIOTECAS TAMÉN SE PODE LER O XORNAL!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...