Esta semana, fomos devolver os libros dos dinosauros que nos deixaran Libriño e a profe Mariola, porque xa rematamos o proxecto. Pero... como son moi listos, xa nos tiñan preparados libros que teñen cousas da auga, para que aprendamos cousas sobre este recurso tan importante para todos nos.
Graciñas!!!,Da gusto ter amigos así!!!
venres, 21 de febreiro de 2014
venres, 14 de febreiro de 2014
SUSA HERRERA PRESENTA UN LIBRO-DISCO EN LIBROS PARA SOÑAR
A
profesora Susa Herrera vai ser a invitada especial da sesión de
contacontos de hoxe venres, a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA
SOÑAR. Na súa visita á libraría infantil do Casco Vello, Susa Herrera
presentará o seu novo libro-disco, ¿Cantos animais?, con cancións
protagonizadas por un elefante, un gato, un crocodilo, unha ra e outros
habitantes do bosque, do río, da granxa ou da selva que animan os nenos e
nenas a cantar e a bailar.
xoves, 13 de febreiro de 2014
TEATRIÑOS DE DINOSAUROS.
Para rematar o Proxecto "Dinosauros" da aula dos "Coelliños de cores" que mellor que facer uns teatriños cos dinosauros que fixemos.Con algúns materiais da aula, montamos diferentes escenarios e nun momentiño, creamos pequenas historias con dialogos improvisados. SON XENIAIS!!!
TEATRILLOS DE DINOSAURIOS from maeva on Vimeo.
TEATRILLOS DE DINOSAURIOS from maeva on Vimeo.
mércores, 12 de febreiro de 2014
CONCERTO DE CORASONS EN VIGO!!
Este xoves non vos podedes perder o concerto de CoraSons en Vigo. Un agasallo para o voso Corazón!!!
Unha delicia para a vista, un cóctel de sons irresistibles, unha escolma de momentos máxicos tecidos co fío irrompible do amor.
O colectivo CoraSons volverá reunirse esta semana para celebrar novos concertos nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, o 12 e o 13 de febreiro, respectivamente. Foi un 14 de febreiro, hai dous anos, cando os primeiros integrantes desta singular iniciativa transfronteiriza -encabezada por Uxía- reuníronse por primera vez na Casa das Crechas cun repertorio de cancións clásicas nas que o corazón era o fío condutor, na mesma liña dunha orixinal exposición de fotografías da portuguesa Isabel Leal.
ANIMÁDESVOS????

ACTIVIDADES DE SAN VALENTÍN NAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA!!
Para lle facer un guiño ao día dos namorados, nas Bibliotecas de Redondela están a facer dúas actividades:
- "Cita a cegas"
A iniciativa Cita ás cegas cun libro (en inglés, Blind Date with a book)
naceu nunha biblioteca pública de Los Ángeles co fin de redescubrir
magníficas historias que permanecían esquecidas nos estantes.
Cita ás cegas consiste en ofrecer en
préstamo, unha serie de libros envolvidos de tal maneira que resulta
imposible coñecer o seu título ou autor, como un xeito de recibir unha
sorpresa e deixarse levar pola recomendación do bibliotecario... ao
cabo, é inxusto xulgar a un libro pola súa portada.
Dende hoxe mércores 12 e ata o venres 14 nas
salas de adultos das bibliotecas de Redondela e de Chapela poderedes
achegarvos ás vosas citas a cegas.
- VER MÁIS: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/02/queres-ter-unha-cita-as-cegas-na.html
- "De amor e de palabras"
Na biblioteca de Chapela solicitan que os que esteades interesados en participar que lles acheguedes un poema de amor.
- Os poemas poderán ser en galego, en castelán e tamén en inglés.
- Os poemas poderán ser en galego, en castelán e tamén en inglés.
- Deberán encabezarse co título do poema e mais o nome do autor (o nome ou seudónimo co que é coñecido ou, no caso de selo, "anónimo").
- Poderán ser poemas de autores recoñecidos, pero tamén creacións propias.
- Preferible que non superen os 40 versos.
Están a deixar unha nota na rede Facebook para seguir o fío (https://www.facebook.com/notes/bibliotecas-de-redondela/de-amor-e-de-palabras-14-de-febreiro/616986808349126), pero tamén poderedes deixar poemas nas súas bibliotecas. Os que acheguen poemas en Facebook participarán nun sorteo dun agasallo moi romántico.

ANIMÁDEVOS!!!!
xoves, 6 de febreiro de 2014
PILÚ PILÚ CO PROXECTO "DINOSAUROS"
Pilú Pilú o amigo de Lirbiño, estivo na aula dos Coelliños de cores e trouxo un conto de dinosauros. Gastóunos unhas cantas bromas, e ata pensamos que se esquecera de traernos gusanitos coma sempre. Éncántannos as súas visitas!!!
CONTACONTOS EN FAMILIA NA SEMANA DA PAZ!!!
Unha das actividades que levamos a cabo para celebrar a semana da paz, foi un contacontos en familia.
Sonia a mamá de Pablo (5 anos), Alex o papá de Lois (4 anos) e Ana a mamá de Roi (3 anos) viñeron ao cole a contarnos uns contiños. Gustáronnos moito e pasámolo xenial.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)