lunes, 27 de abril de 2015

LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Hoxe Vera da clase dos coelliños de cores trouxo a súa páxina do "Libro viaxeiro dos remedios naturais". O seu remedio é un "Xarope de cenoria e mel" que cura a tos. Explicounos como tiñamos que facer para preparalo pasiño a pasiño e o importante que é deixalo un pouco de tempo no bote antes de tomalo. Despois miramos como quedaba ese xarope e por último probámolo. UM ESTABA BOÍSIMO !!
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize a picture collage

jueves, 23 de abril de 2015

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO COLE

O 23 de abril celébrase o día do libro. No cole fixemos varias cousiñas, primeiro unhas fermosas flores que cada un dos nenos/as levarían as súas casas como agasallo neste día. Ademais fixemos un gran mural entre todos pegando a portada do noso libro favorito. Aquí vos deixo unha presentación cunha mostra xa que as fotos de tódolos que participaron non era posible poñelas. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR !!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free slideshow design

Hoxe tamén era o aniversario de libriño e quixemos celebralo con el mirade mirade!!!







Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO



martes, 21 de abril de 2015

NOVAS ACTIVIDADES NAS LIBRARIAS PARA ESTA SEMANA




A LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA O SEU 15 ANIVERSARIO NESTE DÍA DO LIBRO
A libraría infantil LIBROS PARA SOÑAR, do Casco Vello vigués, cumprirá 15 anos coincidindo co Día do Libro, este xoves. Como é tradición, na propia data do 23 de abril, as compras de libros terán un 10% de desconto. A celebración do 15º aniversario realizarase o venres, no marco da sesión de contacontos habitual, a partir das 18:30 horas. Nesta festa de cumpreanos participarán autores de contos, narradores, e non faltarán nin a música nin os petiscos para agasallar a todos os nenos e nenas, nais e pais, que participen no encontro.


lunes, 20 de abril de 2015

LIBRO VIAXEIRO DOS REMEDIOS NATURAIS

Na aula dos coelliños de cores xa puxemos a andar o libro viaxeiro dos remedios naturais, chegará a todas as vosas casas e esperamos que pasedes un bo rato cos vosos fillos/as creando cada unha das páxinas deste libro. Xa recibimos a primeira páxina mirade que fermosa.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize a picture collage

APADRIÑAMENTOS LECTORES CO COLEXIO FRIAN

O venres tivemos unha visita moi especial no cole, viñeron algunhas amiguiñas do colexio Frian a pasar un rato con nós e a contarnos uns contiños. Está foi unha das actividades que imos realizar para celebrar o día do libro. Fixérono xenial!!! moitas pero que moitas graciñas por vir.
   
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow personalized with Smilebox

jueves, 16 de abril de 2015

PRESENTACIÓN NOVO LIBRO INFANTIL NA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ ‘OLI’ PRESENTA EN LIBROS PARA SOÑAR O SEU NOVO LIBRO INFANTIL, “OS RATOS DA CASA”

“Os ratos da casa” é o novo libro infantil do profesor e escritor de Cangas Xosé Manuel González Oli, que se presentará este venres ás 18:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR, nunha sesión de contacontos na que o autor contará este e outros relatos da súa autoría.


NOVA MAÑANCIÑA DE CONTOS NA LIBRARÍA ANDEL


miércoles, 15 de abril de 2015

I XORNADA VISUALIZACIÓN E INFORMACIÓN AUTISMO E TDAH


A Cañiza acolle, o 8 de maio, a 1ª Xornada de Autismo e TDAH (Trastorno por déficit de atención con hiperactividade), organizada pola Asociación TEAVI.
Dirixida a familias, mestres, orientadores, persoal sanitario... e a todos os interesados en informarse sobre o tema.
Inscrición gratuíta. Aquí vos deixo esta información por se  queredes  asistir.      









lunes, 13 de abril de 2015

DOAZÓN DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA

TIVEMOS UNHA AGRADABLE SORPRESA NA BIBLIOTECA, ANTÓN E LOIS DA CLASE DE TRES E CINCO ANOS, AGASALLARON A BIBLIOTECA CON  TRES LIBRO A BIBLIOTECA PARA QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE OS POIDAN DISFRUTAR. GRACIÑAS ANTÓN, LOIS E FAMILIA.


jueves, 9 de abril de 2015

PROGRAMACIÓN PARA O MES DE ABRIL DA LIBRARÍA LIBROS PARA SOÑAR

Aquí vos deixo a programación do mes de abril, animádevos!!!


CONTACONTOS COA FAMILIA DE MANUEL

Fai algún tempo visitounos a familia de Manuel. Viñeron a compartir cos nenos/as de 5 anos unha sesión de contacontos. Esta estivo cheiña de sorpresas mirade mirade!!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free digital slideshow

21 DE MARZO

Para celebrar o día da poesía os maiores estivemos traballando, poesias con pictogramas de "Gloria Fuertes", as limos, as decoramos e as expusemos nunha das paredes da biblioteca formando asi un pequeno recuncho da poesía, e iso non foi todo intentamos facer unha poesía entre todos pero aínda non a rematamos, pensamos que facer poesía era máis sinxelo pero nada diso....


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow created with Smilebox

viernes, 3 de abril de 2015

NOVOS LIBRIÑOS

Xa van chegando ao cole os novos libriños que mercamos grazas ao PLAMBE, para facer crecer as bibliotecas de aula, a biblioteca de familias,e a do cole. Ademais mercamos libros novos para inglés, voz natura, e xa contamos coa primeira colección de libros con pictogramas.Esperamos que vos gusten e tanto os nenos/as como as familias disfrutedes moito dos mesmos.
                                                                                                                                                                   
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free photo collage generated with Smilebox
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...