mércores, 11 de decembro de 2019

BIBLIOMAKER

Hoxe no noso espazo maker da biblio, fixemos cousiñas de Nadal coa impresora 3D. Tamén aproveitamos para ver o conto "Snowballs" e facer a nosa versión dalgún snowman.
Dentro de pouco daremos un pasiño máis! Estade atentos e atentas!











martes, 19 de novembro de 2019

Rudolph!

Pouco a pouco vaise achegando o Nadal, e hoxe no noso espazo Bibliomaker baseámonos no libro "Rudolph the red nosed reindeer" que temos na nosa biblioteca na sección de Inglés.
Mentres algúns miraban os contos, outros/as, voluntariamente fixemos algúns renos cos que decoraremos a escola dentro duns días.
Mañá espéranos outro día de choiva, así que a Biblio estará aberta para seguir argallando cousiñas!




xoves, 14 de novembro de 2019

Contos para o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Aquí tedes una mostra dos libros que podedes atopar na nosa Biblio relacionados coa Igualdade de Xénero, un tema que na escola temos moi presente. Os valores en Igualdade dende una idade temperá son fundamentales para o crecemento emocional dos nosos nenos e nenas.

mércores, 13 de novembro de 2019

Apertura da Biblio

A Biblioteca Ramón Trigo, abriu as súas portas a semana do 20 de Outubro, semana na que tamén se celebra o Día das Bibliotecas.
Nos días de choiva, teremos un novo espazo para relaxarnos cunha lectura ou para pasar un rato moi entretido no noso espazo Bibliomaker.
Comezamos a controlar a nova CDU da biblio, fixándonos nas cores e colocando cada libro no seu lugar correspondente. Así sempre teremos a nosa Biblio ordenadiña.
E ademáis de todo isto.... o que máis nos gusta é ter o noso propio carnet!









domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía

Así de bonita nos quedou a entrada da biblio cos poemas que as familias nos regalastes. Grazas!






Contos para os días de choiva

Cando chove e non podemos saír ao patio, temos outro espazo novo para disfrutar! A biblio! O primeiro día que a abrimos foi todo un éxito. Ademáis de ler o que nos apetece, imos aprendendo a nova organización da biblioteca e como colocar os libros.







xoves, 21 de febreiro de 2019

martes, 22 de xaneiro de 2019

O concurso da Biblio!

Que libro é?
A semana pasada demos comezo a un novo concurso! Pasádevos pola Biblio e atoparedes as instruccións!
Hoxe poñemos unha nova pista!

Grazas por participar!

( A partires de agora, todo o relacionado coa biblio, publicarase no blogue da mesma)




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...