martes, 19 de novembro de 2019

Rudolph!

Pouco a pouco vaise achegando o Nadal, e hoxe no noso espazo Bibliomaker baseámonos no libro "Rudolph the red nosed reindeer" que temos na nosa biblioteca na sección de Inglés.
Mentres algúns miraban os contos, outros/as, voluntariamente fixemos algúns renos cos que decoraremos a escola dentro duns días.
Mañá espéranos outro día de choiva, así que a Biblio estará aberta para seguir argallando cousiñas!




xoves, 14 de novembro de 2019

Contos para o 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Aquí tedes una mostra dos libros que podedes atopar na nosa Biblio relacionados coa Igualdade de Xénero, un tema que na escola temos moi presente. Os valores en Igualdade dende una idade temperá son fundamentales para o crecemento emocional dos nosos nenos e nenas.

mércores, 13 de novembro de 2019

Apertura da Biblio

A Biblioteca Ramón Trigo, abriu as súas portas a semana do 20 de Outubro, semana na que tamén se celebra o Día das Bibliotecas.
Nos días de choiva, teremos un novo espazo para relaxarnos cunha lectura ou para pasar un rato moi entretido no noso espazo Bibliomaker.
Comezamos a controlar a nova CDU da biblio, fixándonos nas cores e colocando cada libro no seu lugar correspondente. Así sempre teremos a nosa Biblio ordenadiña.
E ademáis de todo isto.... o que máis nos gusta é ter o noso propio carnet!









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...