Se vai pouco vos recomendamos algúns libros de poesía infantil moderna, hoxe imosvos falar dunha nova aventura editorial que recolle os poemas mais clásicos da nosa poesía. E como non, comeza cun poema de Rosalía de Castro de claro sesgo infantil chamado "Parece unha rosa".
O segundo libro desta colección da Editorial Espiral Maior é outro clásico da nosa literatura escrito polo poeta Emilio Pita, alá polos anos 40 e que trinta anos mais tarde musicarían moi acertadamente Miguel e Manuela, nun disco chamado Cantigas para nenos e neneiros, un poema baseado ademais na nosa literatura oral.
Mazarico pico, pico,
mazarico, pico, pon,
no pico unha ponla,
na ponla unha flor.
Esta publicación está ideada para lectores aínda non totalmente autónomos e, polo mesmo, de moi tenra idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario