domingo, 1 de maio de 2011

OS MAIOS

Unha das festas mais importantes dentro da cultura tradicional galega, por todo o que conleva (comezo da primavera, aspectos artísticos, poéticos, musicais...) e sen lugar a dúbidas a festa dos maios. Para moitos galegos pode ser unha festa descoñecida ou incluso allea, mais se es do S. da provincia de Pontevedra ou do mesmiño Ourense é unha festa (con tódalas súas variantes) do mais enraigada dentro de vilas como Pontevedra, Marín, Redondela...
Preguntarédesvos o porque desa separación xeográfica, nin mais nin menos porque en tempos foi un costume que se extendía por toda Galicia e foise perdendo salvo nuns poucos núcleos.
Hoxe o noso Libriño recoméndavos dous libros para achegarvos minímamente a esta celebración tradicional. Para os pais e sobre todo para os mestres, este libro do Colectivo de mestres Ollo de Sapo de Pontevedra e editado por Ir Indo, que recolle moita información sobre a festa, unidades didáctica e incluso como facer o teu propio maio.

E para que os mais pequenos da casa se acheguen tamén a esta fermosa tradición tedes este libro da Editorial Galaxia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...