Título: “UN LOBO ASÍ DE GRANDE”
Sello: Océano Travesía Colección: Primeras Travesías
Autores: Louis-Lucas, Nathalie / Aertssen, Kristien
Héctor é un neno que imaxina un lobo detrás da cortina que ten no seu cuarto. Tenta convencer a súa nai que é verdade e xa o creo que o fai. O neno describe a un lobo tremendo, terrorífico, moi fero e real. Preguntádelle aos vosos fillos como remata o conto. ¡Ides alucinar!
Permitirlles aos nenos e nenas contar o que imaxinan é necesario para saber cómo ven o mundo, qué lles gusta ou lles asusta. Esta é una historia divertida que promove esa creatividade fantasiosa. Tamén comparte pequenos remedios para superar un dos medos máis habituais nestas idades. Como todos xa sabedes aos LOBOS encántalles asustar aos nenos e nenas e neste conto descubrimos cómo enfrentarnos a eles e facelos fuxir a toda velocidade...
Ó mellor xa o sabedes polos aullidos, pero a semana pasada e mais esta, temos a escola chea de LOBOS, porque para coñecelos un pouco mellor metímonos na súa pel ¡AUUUUUUUUUUUUUUUU!
Ningún comentario:
Publicar un comentario