Do 12 ao 16 de marzo todos os centros escolares temos unha cita co mundo dos xornais, pois imos celebrar a “SEMANA DA PRENSA”. Moitos podedes pensar que para os pequenos é difícil achegarse a este medio tan diverso, pero é posible e moi interesante e importante. Por iso, dende a biblioteca da escola temos preparadas una morea de actividades:
· Cada ovella coa súa parella: relacionar imaxes e titulares de noticias.
· O reporteiro mentireiro: recoñecer noticias que son falsas e argumentar por qué.
· Invención e relaboración de noticias e pequenos xornais por aulas.
· Pequeanuncios.com para rir un montón: elaboración e gravación de sinxelos anuncios.
· Participación na séptima edición del concurso escolar Mejor Periodista Infantil y Juvenil, que organiza o xornal “La voz de Galicia”.
Durante unha semana imos traballar como verdadeiros xornalistas e reporteiros. Nestes días, intentaremos mostrar ao alumnado a gran variedade de medios de información que temos, impresos e dixitais, nacionais e doutros países. Achegaremos ao nenos e nenas ás diferentes profesións que fan posible este medio. Así, comezarán a valorar o traballo que fan estas persoas por manternos informados do que acontece no mundo. Tamén poderán coñecer como se elaboran as noticias que nos ensinan e os recursos que empregan. O fin é fomentar no noso alumnado o gusto pola lectura, a creatividade, o traballo en grupo e sobre todo, promover que sexan mais tolerantes e comecen a desenvolver un sentido crítico cara as noticias e sucesos que vexan, lean ou escoiten.
Para desenvolver estas actividades, familias necesitamos a vosa colaboración. Durante esta semana e ata o luns día 12 mandade polos peques todas as revistas e xornais que teñades por casa: diferentes ideoloxías, temática, idiomas,… Nos sacarémoslle o mellor partido para aprender como nos gusta DIVERTÍNDONOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario