martes, 10 de abril de 2012

PREMIOS HANS CHRISTIAN ANDERSEN 2012


A editorial Randon House Mondadori deu a coñecer estes días, aos gañadores destes premios na categoría de escrito/a  e ilustrador /a. É o recoñecemento mais importante a nivel mundial dentro do xénero da literatura infantil e xuvenil.
A escritora argentina  MARÍA TERESA ANDRUETTO gañou o Premio como escritora. É autora de contos infantís como  "La niña, el corazón y la casa", "Solgo", "Campeón", "El incendio",  "Trenes. Una historia de amor para niños", "El árbol de lilas", etc. Leva mais de 30 anos traballando na creación literaria e na formación do profesorado, moi preocupada por acercar aos cativos textos de calidade e con sensibilidade. http://www.teresaandruetto.com.ar/
No ámbito da ilustración, o gañador foi o ilustrador checo PETER SIS. O xurado destacou a súa gran orixinalidade e o seu talento para crear historias empregando diferentes deseños e mesturando distintas técnicas. www.petersis.com/
Ambos gañadores xa forman parte de IBBY – organización internacional sen fines de lucro que fomenta o entendemento entre nacións a través da literatura infantil e xuvenil-.  Dita organización foi fundada por JELLA LEPMAN, escritora alamana que defendeu que os libros permiten construír pontes de comprensión e paz entre os pobos. Convencida diso, creou esta organización para establecer vínculos entre os pequenos a través de lendas, historias, invención, ilusión, creatividade, en definitiva, a través dos libros.  Foi nunha época dura, despois da Segunda Guerra Mundial, pero ela pensaba que os nenos e as nenas necesitaban algo mais que alimentos, medicamentos, roupa, etc. Para ela, necesitaban saber que ninguén está completamente so, que existen outras persoas que teñen e viven experiencias, sentimentos, necesidades, penas e alegrías semellantes. O mundo é inmenso pero as pequenas cousas non entenden de idades, lugares, razas ou idiomas.
Case 60 anos despois, JELLA LEPMAN sigue guiando os obxectivos de IBBY. Así esta organización da apoio e fomenta numerosos proxectos pioneiros para estimular o desenvolvemento de culturas lectoras en todo o mundo. E tamén, continúa con moitos proxectos de importancia histórica: O Premio de Promoción de la Lectura IBBY-Asahi, A Lista de Honor de IBBY, O Centro de Documentación sobre Libros para Niños con Necesidades Especiales e o Día Internacional del Libro Infantil e Os Premios Hans Christian Andersen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...