xoves, 13 de decembro de 2012

ESTA FINDE EN VIGO: CONTOS, TEATRO E TODO O QUE QUEIRADES!!!!




O VENRES 14 tedes moitas opcións:
  • ·       Contacontos e obradoiro na librería “LIBROS PARA SOÑAR” co ilustrador Pablo Otero.  Este será o protagonista da actividade infantil a partir das 18:30 horas. Co libro “A cociña de Toto Murube”, con textos de José Antonio Ramírez Lozano e ilustracións do propio Pablo Otero, os nenos e nenas participarán nun obradoiro de plástica creativa no que poderán elaborar unha merenda “alfabético-plástica”. No casco vello de Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
  • ·       Contacontos no Centro Comercial Gran Vía (2ª Planta) “Pepiña Maruxiña Quere Voar” ás 18:30 poderemos coñecer a historia de Pepiña, unha xoaniña que quería voar pero no tiña as, así que buscou no xardín quen lle puidera axudar.
  • ·       Peppa Pig  na librería “CASA DEL LIBRO. Un dos personaxes máis famosos do momento, ¿gustaríache conocela? Peppa estará na Casa del libro de Vigo, c/ Rúa Velázquez Moreno, 27 as 18:00h.

SÁBADO 15, NA BIBLIOTECA CENTRAL  contacontos con música “CANDO CHOVERON CHAPEUS”, narración e música por Avoa Youja. Dirixido a público de 3 a 12 anos. Duración 45 min. Para máis información: Web da Biblioteca Central de Vigo, teléfono 986.229.074, mail bibli.central.vigo@xunta.es, perfil en Facebook e perfil en Twitter. 

DOMINGO 16no AUDITORIO DO CONCELLO espectáculo teatral coa preciosa obra “BABS” de Baobab Teatro. Será ás 12:00 e ás 18:00, .

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...