domingo, 17 de febreiro de 2013

CONTACONTOS EN FAMILIA: A CEBRA CAMILA


Esta semana, na biblioteca tivemos a visita do pai de Lois. Veu para compartir con nos un conto moi famoso da editorial Kalandraca: “A CEBRA CAMILA”. Alex, ensinounos con este conto a importancia de compartir o que temos, porque iso pode axudar moito aso demais. Tívonos a todos moi atentos contando as raíñas da cebra e lembrando os animais que a axudaban.E como nos portamos tan ben, tivemos un pequeno agasallo, un colar cunha foto de Camila cando era pequena coma nos. GRACIÑAS ALEX, fixéchelo moi ben, por iso, esperámoste outro día.

1 comentario:

  1. Moitas gracias, paseino moi, moi, moi ben. Xa me avisaredes para a próxima.
    Papi de Lois

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...