venres, 1 de febreiro de 2013

FIN DE SEMANA! QUE FACEMOS?





Aquí tedes ALGUNHAS IDEAS para gozar desta fín de semana:

LIBROS PARA SOÑAR- Librería do casco vello de Vigo. Este venres sesión de contos adicada á paz, á tolerancia e a non violencia. Unha selección de contos fará que pasedes outra tarde estupenda, ademáis teñen unha grata sorpresa musical.

BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS. 2 de febreiro “O SABADIÑO DO ROQUE” ás 12:00. Roque é un simpático personaxe veciño do Calvario visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes recibe carta do seu avó Agustín, que viaxa por toda Galicia e vainos descubrindo cousas de todos eses marabillosos lugares. Ademais, Roque, Andrea e Óscar comparten con nós fantásticas historias, divertidas cancións e estupendos xogos.

FURANCHO “VERMUCIÑO DE CATIVOS”-Estrada de Bembrive, 224. Un furancho abre as súas portas hoxe día 1 e mañá, 2 de febrero ás 11:00, para ofrecer una chea de actividades: títeres e gualtrapas, cuentacuentos, obradoiros e moito máis.

TEATRO Á FEIRA (festa do teatro emerxente do 1 ao 3 de febreiro no Auditorio do Concello de Vigo que está na Praza do Rei). Esta fin de semana representaranse oito espectáculos de teatro emerxente para nenos e adultos. O prezo da entrada é de 6€ por obra agás no caso de Igual que los tuyos e Julieta virtual, no que unha entrada vale para as dúas representacións. Hai unha serie de descontos nas entradas anticipadas: 5€ para parados, xubilados, estudantes e parellas e 3€ para menores de 5 anos. Este é o programa para cativos: Sábado 2 de febrero ás 12.30 “Laranxus 7” de Artefakto. Espectáculo de títeres para público familiar. Ás 23.00 “Improperio” de Triatreros. Todos os públicos.  Domingo 3 de febrero ás 12.30 “Con moito conto” da Fundación Igualarte. Para público familiar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...