xoves, 28 de febreiro de 2013

A TODA MÁQUINA! CHEGA O XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2013 DE PONTEVEDRA.


Este ano, chega A TODA MÁQUINA!  ao Pazo da Cultura e estará aquí do 2 ao 23 de marzo, para presentarnos ao ser humano como máquina, ás máquinas co seu movemento, aos escritores como máquinas de combinar palabras, á máquina do tempo, ás máquinas de música… convídanos pois a maquinar, a inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir…proxectar as ideas e facelas realidade .




Por facer un pouco de historia…A primeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrouse no ano 1999. Respondía á iniciativa dun grupo de persoas que desexaban un punto de encontro entre o mundo dos libros e o mundo dos lectores e lectoras máis novos. A Concellaría de Cultura sintonizou co proxecto e apoiouno con medios estruturais e económicos, pasando a se converter, posteriormente, en entidade promotora.
Desde aquela, xa levamos sete edicións nas que se medrou en todos os sentidos. Con todo, o Salón segue a manter os seus sinais de identidade: o espírito aberto e participativo, coa colaboración de numerosas institucións públicas e privadas, a dedicación cada ano a un tema diferente, que sirva de núcleo aglutinador de ideas e actividades, o protagonismo absoluto do libro en todas as súas facetas, e o seu achegamento cálido, ameno e instrutivo ao lector.

ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Neste enlace podedes atopar todo o que queirades saber sobre o evento, as súas actividades, contacontos, datas,  horarios e demáis:
http://www.salondolibro.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...