Esta fin de semana, o sábado 9 de marzo, temos dúas
actividades de interese:
- No Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, entre outras actividades, unha nova oportunidade de asistir a "Titiricircus" de Tanxarina Títeres. Magín Blanco fai a presentación musical de "A nena e o grilo nun barquiño", que se estreará como espectáculo. Será ás18:30 no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Está recomendado a partir de 2 anos e custa 3€ . Tedes que recoller a entrada unha hora antes da función.
- Na Biblioteca Pública Central de Vigo conto ás 12 h. Animación á lectura con “Un mundo ao revés”, da man de Fátima Fernández. Recomendado a partires de 4 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario