Aquí vos deixamos as actividades que imos ter esta semana,
para celebrar a semana grande da biblioteca que é a "SEMANA
DO LIBRO". Temos unha chea de actividades para gozar dos noso
amigos os libros, coas súas historias e con amigos moi especiais que virán
compartir con nos estas datas.
LUNS 22: CONTACONTOS CON SONIA A NAI DE URIEL que virá contar un clásico e
imprescindible da literatura infantil “ELMER”. Tamén contaremos coa visita do actor galego ANTONIO DURÁN “MORRIS” ao que
imos entrevistar para o libro que estamos a facer sobre o noso proxecto “XABARÍN
18”.
MARTES 23: INAUGURAMOS NA NOSA BIBLIO O RECUNCHO DE RAMÓN TRIGO. O noso
padriño merece un oco especial nela e xa o temos. Despois vai contarnos o conto
“LA COSA NEGRA QUE PASÓ POR MI VENTANA” e celebrará con nos o ANIVERSARIO DE
LIBRIÑO, a mascota da nosa biblio, que xa cumpre 7anos.
MÉRCORES 24: TEMOS A VISITA DOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS DO CEP
SANTA TEGRA, que van contarnos uns contos sorpresa moi chulos.
XOVES 25: CONTACONTOS “EL PEQUEÑO BÚHO” e SESIÓN DE CETRERÍA con animais
reais.
VENRES 26: de novo SESIÓN DE
CONTACONTOS CON RAMÓN TRIGO e o seu libro “As luces que se acenden e se apagan”.
Compartiremos esta sesión cos noso amigos do Centro de Día Atalaia e tamén un OBRADOIRO
DE ARTE INTERXERACIONAL, guiados polo noso amigo e ilustrador.
E durante toda a semana, ás 9:00h. e ás 14:00h., na entrada da escola, imos
ter a FEIRA DO LIBRO. Esta feira é un punto de encontro para grandes e
pequenos. Nela podedes coller os libros que queirades. Son totalmente gratuítos
e non hai que devolvelos. Tamén podedes traer libros e contos que tedes nas
vosas casas, co fin de que outros poidan gozar deles, porque…
OS LIBROS NON SE PODEN TIRAR, REGÁLAOS!!!!!!!!!!!!!!
OS LIBROS NON SE PODEN TIRAR, REGÁLAOS!!!!!!!!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario