Comba, a súa nai Anair e o séu pai, Noli estiveron na aula para facer unha sesión de Contacontos...e a verdade é que foi taan chula que aínda días despois seguimos a falar de todo o que traballamos na sesión e a cantar as cancións que aprendemos!
Os dedos da man xa non se nos van a esquecer! e tampouco cando logo falamos deles e aprendemos que os dos pes chámnse...dedas!
A tenra
paxariña de papel e os animáis do
zoo que sabían os nosos nomes...para non esquecer tampouco!







E
"todos facemos todo, todas facemos todo"...encantóunos a rabiar! seguimos a cantar a fermosa canción que Noli e Anair nos ensinaron xunto có libro cheíño de persoaxes!
Comba foi máis que unha axudanta ...unha "cuasi profesional" e Anair e Noli, que o son, levan xa moito tempo e adicación ao
fermoso asunto dos Contos, do fomento da lectura e a música e todo o mundo máxico e especial que ao seu redor temos, agardando por nós...Grazas mil e desexando xa ter unha nova visitiña vosa sempre que vos sexa doado!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario