sábado, 22 de maio de 2021

Letras galegas! 17 de Maio do 2021

A semana previa das Letras Galegas e ó longo de toda esta, na nosa escola, leváronse a cabo gran variedade de actividades para conmemorar o día da nosa lingua. 

Os nenos e nenas de tres anos fixeron verdadeiras obras de arte arredor da figura de Xela Arias e mesmo se aventuraron a adentrase en numerosas contadas en galego de contos que temos na nosa biblioteca. 

As nenas e nenos de 4 anos mostráronnos canto aprenderon de Xela Arias dun xeito divertido. Cando o alumnado se sente observado proliferan os nervios... e das tomas falsas suceden escenas extraordinarias!

 

Elaboraron retratos de Xela Arias sobre un fondo negro que facía resaltar as súas dotes artísticas.   

Dende Normalización elaboramos con agarimo uns ramiños con verbas escritas en galego (quérote, agarimo, bicos, riquiño, ...). Foi un agasallo para os nosos maiores da residencia de anciáns que temos o lado da nosa escola. Os nosos avoiños e avoiñas quedaron encantados e encantadas con semellante sorpresa.



No préstamo do venres escolleron un conto en galego para levar a casa.  Para deste xeito encher os fogares da riqueza da nosa lingua!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...