mércores, 17 de novembro de 2021

Biblioteca de Familias!

 

Boas Familias!

Aproveitamos para recordar as formas de proceder para o préstamo de Biblioteca de Familias.

1. Consulta o catálogo dispoñible premendo na imaxe que aparece a continuación.

2. Solicita un libro enviando un correo electrónico co título o noso e-mail  (eei.montedaguia@edu.xunta.gal) e enviarémolo a través da vosa filla ou fillo.


CONDICIÓNS DO PRÉSTAMO

  • O préstamo e dunha semana dende o día que o recibades e con posibilidade de prórroga solicitándoa a través do e-mail.
  • Pódense solicitar 2 libros como máximo.
  • Non se poderá solicitar outro préstamo mentres non se entregue o anterior.


Animádevos a solicitar un libro para o goce e desfrute da lectura...

Grazas pola colaboración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...