luns, 20 de decembro de 2021

A árbore dos desexos

Baseándonos no "Wish Tree" de Yoko Ono quisemos facer a nosa propia árbore dos desexos.

Yoko Ono e unha auténtica performer da arte, que sorprende coas súas obras e creacións extraordinarias que escapan do convencional. 

Adaptando a súa iniciativa do "Wish Tree" quisemos recoller os desexos das familias da nosa escola. É emocionate ler cada un dos desexos, e resaltar a  importancia que lle dan as familias, o ben común. 

Unha mensaxe concurrente e a de "Ojalá termine el Coronavirus"... din que se un desexo se conta xa non se cumpre. Nos queremos pensar que se o desexamos tod@s xunt@s e con moita forza e ilusión chegará por cumprirse.

Felices Festas!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...