luns, 20 de decembro de 2021

A Biblio como fonte de información!

Os nenos e nenas de 5 anos, neste primeiro trimestre do curso, estiveron inmersos/as nun proxecto sobre "O Antigo Exipto". 

Na biblioteca da escola temos a sorte de contar con numerosos exemplares que abordan esta temática, e este feito, pode ser a principal razón pola que as formiguiñas tiñan tanto interese e motivación por dito tema.

A pesar de contar con gran variedade de fondos, eles e elas trouxeron dos seus fogares contos e exemplares de consulta que foron a fonte de información principal e de análisis da nosa investigación.

Durante o proxecto déuselle moita imporntancia a exposición e oratoria que os nenos/as realizaron con cada un dos contos, obxectos, xogos,... que foron traendo. Este aspecto é esencial profundizar nel por diversos motivos: Potencia a estimulación da linguaxe, favorece a adquisición da autoestima, reforza a seguridade nun mesmo, crea clima de confianza e fainos sentir membros dun equipo/aula. 

Cada neno/a en asamblea, de xeito espontáneo explicáballe  o resto as súas pescudas. En ocasións precisaban a axuda do adulto xa que era demasiada a información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...