domingo, 9 de xaneiro de 2022

Personaxes dos contos

As aprendizaxes que se poden xerar a través dun conto, son múltiples!

Primamos  a súa contada, a observación da portada e contraportada, o descubrimento dos autores e autoras, así como dos ilustradores e ilustradoras …  Arredor de cada un deles, constituímos unha posta en común, que permite os máis cativos e cativas un acercamento a un ben tanxible, que constitúe unha gran fonte de coñecemento.

Nesta ocasión o aspecto que tentamos potenciar é a secuencia do personaxe do conto. Os contos que podemos observar nas imaxes   son “Carabuñas” e “A Figueira de Pelostortos”. Grazas a ambos contos fomentamos a sensibilización do alumnado cara á aceptación das diferenzas individuais.

Secuencia personaxe do conto: Carabuñas



Secuencia personaxe do conto: A Figueira de Pelostortos






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...