xoves, 14 de abril de 2022

" ALBORADA". Rosalía de Castro

 Canta, 

paxariño canta

de poliña en ponla

que o sol se levanta

polo monte verde

polo verde monte

alegrando as herbas

alegrando as fontes!...

Esta estrofa do poema "Alborada", de Rosalía de Castro, deu pé a un traballo de investigación, no que as crianzas trouxeron á aula a imaxe dun paxariño, natural da nosa terra, bosques, rúas, xardíns, parques...

Así a aula encheuse de merlos, pombas, gaivotas, pegas, picapaus, paporroibos... . Falamos das súas característica para a continuación coa técnica da colaxe crear os nosos propios paxaros; con anacos de cartolina de diferentes cores e pegamento para unir. 

Máis a diante pensamos construír unha ábore para estes paxariños con pasta de modelar branca e anacos de ramas e paus. 

Con estes elementos podemos crear un teatro de sombras, que xa vos amosaremos !!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...