xoves, 3 de novembro de 2022

Os persoeiros

Durante o Samaín quixemos homenaxear aos monstros, eses persoeiros carentes de identidade relacionada co sexo ou co xénero.

Partimos da lectura de diferentes contos para reflexionar arredor dos medos ("Onde viven os monstros", "Gato Guille e os monstros", "O noso Samaín"...) e axudar á cativada a vivenciar e recuperar do esquecemento as raíces da nosa cultura tradicional galega.

Estes son instantes de diferentes propostas. Algúns grupos fixeron un debuxo colaborativo de monstros ao participar nunha descrición que se realiza mediante trazos. Cada persoa soamente debuxa a característica que se describe nese momento e posteriormente pasan o papel a persoa da súa dereita. Deste xeito fanse ao mesmo tempo tantos debuxos como participantes.

Con plastilina, arxila e pasta branca, fixeron os seus personaxes co obxectivo de incentivar que constitúan o seu estilo persoal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...