Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca para peques. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca para peques. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de febreiro de 2012

BIBLIOTECA PARA PEQUES: O Cullarapo Croque


O CULLARAPO CROQUE from A porta verde on Vimeo.

Estamos a falar dun libro de poemas para pequenos, no que o fío condutor entre eles é un precioso cullarapo. Os autores do libro son Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Xuntos mesturan palabras e ilustracións e conseguen achegar, aos pequenos, temas como o respecto aos demais, os soños, o amor, etc. Estamos ante un proxecto cheo de moita ilusión, con fermosísimas poesías e ilustracións moi doces.
Para permitir que este libro de poemas estea pronto nas librarías, ao alcance de todo os nenos e nenas, está en marcha un proxecto de financiamento colectivo. Dende o noso cole, queremos apoiar esta iniciativa literaria. Nos imos participar e os que queirades colaborar podedes facelo a través deste enlace. Nel atoparedes distintas forma de facelo e de xeito moi sinxelo. ¡ANIMÁDEVOS!


Nos estamos seguras de que “O Cullarapo Croque” vai ser un éxito.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...