Amosando publicacións coa etiqueta Eric Carle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eric Carle. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de maio de 2012

Don Caballito de mar

Coa adaptación deste conto traballamos coas TICS e diferentes aspectos relacionados coa escenografía. Fixeron fotos, prepararon o decorado, colocaron os personaxes seguindo o modelo do álbum ilustrado, empregamos a gravadora de voz, etc. Tamén, co argumento do álbum, puideron comprobar que hai características que nos fan únicos e diferentes.

La Mariquita Gruñona

Nesta adaptación que fixemos do conto, seguindo o xogo da xoaniña rosmona, estivemos traballando a hora do reloxo, os tamaños e formas a través dos animais e as bosa maneiras para falar cos demais, porque ninguén e mellor que os demais.

La Oruga Glotona

Coa adaptación deste conto puidemos comprobar a maxia da metamorfoses da natureza. Xogamos cos días da semana, as froitas e cunha eiruga moi larpeira que proba todo o que atopa ata que desaparece no seu casulo e aparece coma unha fermosa bolboreta.Coa adaptación deste conto puidemos comprobar a maxia da metamorfoses da natureza. Xogamos cos días da semana, as froitas e cunha eiruga moi larpeira que proba todo o que atopa ata que desaparece no seu casulo e aparece coma unha fermosa bolboreta.


Obradoiro de marionetas con Eric Carle



Eric Carle é autor e ilustrador de libros infantís, naceu en Siracusa, Nueva York o 25 de xuño de 1929 e foi criado en Alemaña. Xa ilustrou máis de 60 libros, e ten vendido 88 millóns de copias e en diferentes idiomas. É aclamado e amado como o creador de libros de imaxes . O seu amor pola naturales e a súa sensibilidade resulta reconfortante. As súas ilustracións e historias son sempre innovadoras e resultan especialmente atraentes para grandes e sobre todo pequenos.
Gustalle crear coa técnica de collage sobre fondos brancos, utilizando papeis pintados a mano aos que fai cortes e pon capas para dar volume, e crear imaxes alegres e con moita luz. En moitos dos seus libros xoga coas páxinas con troquelados e superposicións como en “unha oruga moi larpeira” e “A xoaniña rosmona”. Noutras obras inclúe transparencias como en “Don Caballito de mar”, sons como en “O grilo silencioso”, etc. Sempre sorprende con orixinalidades que converten os seus albumes en libros para pensar, imaxinar e xogar, e imprimen un selo único ás súas obras. Nos escollemos os seus álbums para levar a cabo un Obradoiro de marionetas e este foi o resultado. Esperamos que vos guste.
Eric segue creando cada día e recibe centos de cartas dos seus admiradores, pequenos e grandes. Iso gústalle moitísimo. Por siso, nos imos mandarlle as nosas adaptacións dos seus contos.
Se queredes coñecelo un pouco mais, esta é a súa web oficial: http://www.eric-carle.com/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...