Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2011

PAXARIÑA DE PAPEL

Increibel, indescriptiblel, estupendo, magnífico....xa non damos topado adxectivos nin palabras de outra categoría para narrarvos os niveis de excelencia ao que están chegando os nosos pequenos Contacontos. Non sabiamos o que faciamos cando escomenzamos con esta actividade, creamos monstros escénicos que ainda por riba van de prima donnas, e agora quen os frena?
Desta vez tocoulle o turno a Pedro que se enfrentou el soliño as clases de 3 e 4 anos, o resumo...PAN COMIDO!, e que lle facían mais caso que a nos (e era a última hora).
Manda Truco!

domingo, 17 de abril de 2011

A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA

Sen dúbida un dos maiores éxitos en canto a aceptación por parte do público infantil, é este libro que atopamos musicado en internet, obra de Werner Holzwarth y Wolf Erlbruch.

sábado, 2 de abril de 2011

COLECCIÓN MAKAKIÑOS

A editora Kalandraka en colaboración coa asociación B.A.T.A.(Baión Asociación Tratamento do Autismo) con sede en Vilanova de Arousa, elaborou estes títulos baseados no sistema de pictogramas, como un intento para rachar as barreiras de incomunicación e descubrirlle aos nenos con necesidades educativas especiais a maxia dos contos.



Un exempro de como son as páxinas cos pictogramas:



Mais da coleción:

Para que poidades ver con mais detalle en que consisten os libros con pictogramas, na nosa seción de recursos abriremos un apartado novo para páxinas onde se acollen libros dixitais con pictogramas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...