martes, 25 de diciembre de 2012

ESTE NADAL.... UN CONTO.

Estes días, nos que estamos escribindo as cartas a Papá Noel e aos Reis Magos, non vos esquezades de pedirlles contos. Por qué? pois porque os contos nos poñen de bo humor, fomentan as boas condutas, axudan a vencer as dificultades, desenvolven a imaxinación e a creatividade, ensinan e son unha enorme fonte de cultura. Pero, sobre todo, porque os contos  garanten momentos de felicidade e divertimento, nos axudan a educalos y lles axudan a crecer.

Aquí tedes algúns contos que son “valor seguro”, e poden pedírvolos en calquera librería.uro”, e poden pedírvolos en calquera librería.
                                               EN GALEGO

CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS. KALANDRAKA. Chema Heras. Precioso conto e preciosas ilustracións sobre as acciones previas á chegada dos Reis Magos. Imprescindible para estas datas.

A QUÉ SABE LA LUNA?. KALANDRAKA. Michael Grejniec Cuento que les enseña que cuando somos valientes y nos organizamos, llegamos al fin del mundo.

NON QUERO SER UN POLVO.  OQO .  Chessa, Francesca. Este álbum busca a aceptación de un mesmo e a valoración da nosa identidade fomentando unha actitude positiva.

OS PETOS DE LORETO. KALANDRAKA. Quentin Blake. Un libro para estimular a imaxinación  a espontaneidade  e o respecto polas diferentes personalidades.

NARIZ DE OURO.OQO. Raquel Saiz. Álbum que reivindica con humor o dereito a ser imperfectos e reflexiona sobre a importancia da autoestima na consolidación da personalidade dos máis pequenos.

A VACA QUE PUXO UN OVO.SERRES.Cutbill, Andy. As veces, os nosos desexos cúmprense  e ocorren cousas incribles, coma esta.

A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR. OQO. Roberto Aliaga & Alessandra Cimatoribus. Un conto que nos ensina que o descanso e o silencio, son moi necesarios e que debemos aprender a respectalos, tamén, nos demais.
 
O GATO LAMBÓN. KALANDRAKA. Patacrúa e ilustracións de Oliveiro Dumas. Conto popular danés que lles ensina que o que moito abarca pouco apreta.

O POLIÑO DA ABELEIRA. KALANDRAKA.  Antonio Rubio e Gabriel Pacheco.Conto popular que ensina aos pequenos que todos somos importantes para que as cousas deste mundo e nos mesmos, esteamos ben.

ORELLAS DE BOLBORETA. KALANDRAKA. Luísa Aguilar e Ilustracións de André Neves.  Conto que nos ensina que as diferenzas nos enriquecen e fannos moi interesantes e especiais.

CHIBOS CHIBÓNS. KALANDRAKA. Olalla González e ilustracións de Federico Fernández. Conto popular europeo que lles ensina que o enxeño pode mais que a forza física.

                                                                        EN CASTELLANO 

TE QUIERO POR TODO ESO. EKARÉ. David Bedford  e ilustraciones de Anne James. Un libro que enseña a amar a los animales y que gustará sobre todo,  a aquellas que viven con mascotas.

MAMÁS A PORRILLO. LA GALERA. Teresa Duran i Armengol. Ilustración de Quelot. Un cuento que les enseña la necesidad de asumir normas de convivencia. 

LA NAVE DE LUCAS. TAKATUTA. David Granados Niubó.Cuento Que enseña que hasta los sueños más impensables pueden hacerse realidad, sólo hay que desearlo con mucha fuerza.

UN AMOR TAN GRANDE. IMAGINARIUM. De forma divertida les enseña a demostrar los sentimientos y emociones y a saber decir “te quiero”, algo que nos cuesta mucho a los adultos.

UN PAPÁ A LA MEDIDA. EDELVIVES. Cali, Davide.Cuando se tiene la madre más lista, más guapa, más deportista, más fuerte pero no se tiene un papá, conviene buscar uno pero que sea adecuado. Lo mejor sería que tuviera las virtudes de mamá aunque si no es fuerte, ni sabe hacer cálculos mentales, es bajito y no muy guapo pero sabe muchas poesías, le gustan los animales y es cariñoso, conviene quedárselo.

MAMÁ ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS? . IMAGINARIUM. Un cuento dulce para explicar el valor y significado de los diferentes besos.

¿Y POR QUÉÉÉ? JUVENTUD. Yaël Vent des Hove. Un cuento de repetición lleno de ternura sobre la etapa infantil de los porqués.

MAMÁ NO ME CONTÓ. EDICIONES SERRES. Babette Cole. ¿A que siempre has querido saber por qué tienes un ombligo en la barriga?, ¿quién es en realidad el ratoncito Pérez? ¿por qué algunas personas mayores dejan sus dientes en un vaso de agua junto a la cama cuando  van a dormir? las respuestas a todas esas preguntas que mamá nunca contó... están aquí.

¡SÓLO UNA PUNTITA! CORIMBO. Émile Jadoul. Álbum sobre lo bueno que es compartir y/o renunciar a lo que tenemos solo por experimentar el placer de ayudar a los otros.

TÚ PUEDES!. Ole Könnecke. Un pequeño álbum ilustrado que habla de la superación y la amistad.

LA OCA BOBA. JUVENTUD. Petr Horáček. Este cuento  que nos hace consientes de que las cosas que somos capaces de hacer, son más de las que pensamos, reforzando nuestra autoestima.

¿QUIÉN TIENE TIEMPO PARA OSITO? JUVENTUD. Ursel Scheffler e ilustrado por Ulises Wensel. Una pequeña historia sobre la importancia de aprender a jugar solos.

UN BESO PARA CADA NOCHE. CORIMBO. Ana Galán / Rodrigo Luján. Cada noche papá, mamá o los dos,  dan un beso de buenas noches.  Pero, a veces, no están…a buscar soluciones.

PARA NADA SUCIAS. TAKATUKA. Wanja y Manuela Olten. Una visión divertida sobre las discrepancias entre adultos y niños respecto a la necesidad de lavarse las manos.


domingo, 23 de diciembre de 2012

OS AMIGOS DE LIBRIÑO: PAPELIÑO E A SÚA PANDA

Para rematar, Libriño comentou a necesidade de crear a Panda de Papeliño, para que axude a manter limpa a nosa escola o longo do curso. A partir de agora e cada venres, unha Panda de Papeliño percorrerá a escola para recoller o papel e lévalo ao punto limpo da nosa rúa. Aquí tedes a primeira “Panda de Papeliño”. Pero na nosa escola Papeliño ten moito chollo, por sio, esta historia de papel non remata aquí, continuará…

PAPELIÑO 1 from elena gómez on Vimeo.

COMO SE CREAN OS MONSTROS DE PAPEL?

O que máis gustou de “unha historia de papel” foi que dunha montaña de papel aparecera un monstro. Por iso, imaxinamos como facer monstros de papel e fixémolos con papel de xornais vellos e cousas que buscaron e atoparon polas diferentes aulas. Estes son os nosos monstros de papel. A verdade e que quedaron XENIAL!!!!!!!!!!!!!!!!!! ESTE E O MONSTRO DA AULA DE 3 ANOS.

MONSTROS PAPEL 3 ANOS from maeva on Vimeo.

ASÍ QUEDOU O MONSTRO DA AULA DE 4 ANOS.

MONSTROS PAPEL 4 ANOS from elena gómez on Vimeo.

ESTE FOI O MONSTRO QUE FIXEMOS NA AULA DE 5 ANOS.

MONSTROS PAPEL 5 ANOS from maeva on Vimeo.

sábado, 22 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE CONTOS: "UNHA HISTORIA DE PAPEL"

Unha historia de papel garda moitas historias. Estivemos unas semanas traballando sobre a reciclaxe do papel e descubrimos historias que nos ensinaron e nos axudaron a mellorar, a nos e a ao noso contorno. Todo comezou cunha historia titulada “Pesadilla reciclaje” e aquí tedes diferentes actividades que fixemos na escola para que vexades ata onde chegamos. O primeiro que quixemos facer, foi crear nos a historia,e pensamos como, que faríamos igual e que non, como apareceríamos nos, se poñeríamos debuxos ou non e por último o título: “UNHA HISTORIA DE PAPEL”. Aquí tedes o resultado.

UNA HISTORIA DE PAPEL from maeva on Vimeo.

lunes, 17 de diciembre de 2012

OBRADOIRO DE CONTOS: "EU QUERO SER..."

Este trimestre, nas aulas estiveron aprendendo moito sobre as vacas e apetecíanos construír un conto sobre elas. Unha das cancións que aprendimos foi a da "Vaca Marela" e quixemos facer un conto de vacas que queren ser cousas... imposibles?. Esperamos que vos guste tanto coma nos. Encántanos facer de vacas!!!!
VACAS from maeva on Vimeo.

sábado, 15 de diciembre de 2012

O NADAL XA CHEGOU Á NOSA BIBLIOTECA!!!

Aproveitade estes días para ler contos que lles axuden a entender unhas datas tan especiais para eles. Nas librarías podedes atopar infinidade de títulos sobre o Nadal: os reis magos, os bonecos de neve, Papá Noel, etc. Aquí tedes os que nos estamos vendo estes días, na nosa biblioteca, moitos deles grazas ao PLAMBE que nos permite adquirir máis recusos para as bibliotecas da escola.

HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA: "A CREMALLERIA: UN MUNDO POR CONSEGUIR"

As cousas da vida... aprendendo a cada momento e as veces sufrindo moito. Mirade como a pasamos á hora de meter "os contiños que veñen e van" na maleta...Non é doado!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

ESTA FINDE EN VIGO: CONTOS, TEATRO E TODO O QUE QUEIRADES!!!!




O VENRES 14 tedes moitas opcións:
  • ·       Contacontos e obradoiro na librería “LIBROS PARA SOÑAR” co ilustrador Pablo Otero.  Este será o protagonista da actividade infantil a partir das 18:30 horas. Co libro “A cociña de Toto Murube”, con textos de José Antonio Ramírez Lozano e ilustracións do propio Pablo Otero, os nenos e nenas participarán nun obradoiro de plástica creativa no que poderán elaborar unha merenda “alfabético-plástica”. No casco vello de Vigo | 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
  • ·       Contacontos no Centro Comercial Gran Vía (2ª Planta) “Pepiña Maruxiña Quere Voar” ás 18:30 poderemos coñecer a historia de Pepiña, unha xoaniña que quería voar pero no tiña as, así que buscou no xardín quen lle puidera axudar.
  • ·       Peppa Pig  na librería “CASA DEL LIBRO. Un dos personaxes máis famosos do momento, ¿gustaríache conocela? Peppa estará na Casa del libro de Vigo, c/ Rúa Velázquez Moreno, 27 as 18:00h.

SÁBADO 15, NA BIBLIOTECA CENTRAL  contacontos con música “CANDO CHOVERON CHAPEUS”, narración e música por Avoa Youja. Dirixido a público de 3 a 12 anos. Duración 45 min. Para máis información: Web da Biblioteca Central de Vigo, teléfono 986.229.074, mail bibli.central.vigo@xunta.es, perfil en Facebook e perfil en Twitter. 

DOMINGO 16no AUDITORIO DO CONCELLO espectáculo teatral coa preciosa obra “BABS” de Baobab Teatro. Será ás 12:00 e ás 18:00, .

miércoles, 12 de diciembre de 2012

XOVES DE CONTACONTOS NAS BIBLIOTECAS DE VIGO


“A HORA DOS CONTOS” NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS
Proyecto de animación á lectura que quere fomentar entre os pequenos de 3 a 10 años o gusto polos libros e a lectura.
  • Fecha: jueves 13 de noviembre, a las 18:00
  • Lugar: c/Martínez Garrido, 21
Más información e inscripciones:  986.267.759 ou enviando un mail a bpneiravilas@vigo.org.

“A BIBLIOTECA DOS PEQUENOS” EN LA BIBLIOTECA CENTRAL
Taller de contacontos para os pequenos.
  • Jueves 13, a las 18:00h: “Da pinga e da folerpa”, por Avoa Youja. Duración 45 min.

martes, 4 de diciembre de 2012

“LOS INSTRUMENTOS” UN LIBRO PARA XOGAR A SER MÚSICOS.

Os libros da nosa biblioteca non so teñen contos e historias. Tamén, temos libros para coñecer e aprender sobre todo o que nos rodea. LOS INSTRUMENTOS é un libro da Editorial La Osa Menor, escrito por varios autores que nos acerca ao mundo da música. Despois de lelo e escoitar os sons que gardaba, estivemos xogando cos nosos instrumentos e tocamos como nunha orquestra. Estamos feitos uns músicos de primeira!!!!!

LOS INSTRUMENTOS.docx from maeva on Vimeo.

jueves, 29 de noviembre de 2012

AQUÍ TEDES A OFERTA DE VIGOCULTURA PARA O NADAL. IDE RESERVANDO QUE MERECE A PENA.

Atención familias, a Concellería de Cultura e Festas, ante o éxito de demanda do programa VIGOCULTURA para público familiar, decidiu ampliar a oferta de espectáculos no mes de decembro no Auditorio Municipal do Concello, e son os seguintes:
Os prezos son de 3 EUR para os menores de 12 anos e 5 EUR a partir desta idade. As entradas xa se poden adquirir en www.servinova.com, por teléfono no 902504500, ou na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno 26). Podedes facelo de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, e sábados de 10 a 13 horas. As entradas que non se vendan anticipadamente, de as houber, se porán á venda na taquilla do Auditorio o mesmo día a partir dunha hora antes de cada función. ANIMÁDEVOS!!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 27 de noviembre de 2012

O PADRIÑO DA NOSA BIBLIO,RAMÓN TRIGO GAÑA O PREMIO LAZARILLO 2012 DE ÁLBUM ILUSTRADO.

Na nosa biblio estámos de festa,contentos porque o noso padriño, Ramón Trigo, acaba de recibir o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado. Trátase dun premio moi importante que convoca anualmente a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil). O álbum titúlase LEVIATÁN e, segundo o xurado, foi premiado porque emprega «unha proposta pictórica moi persoal e unha magnífica combinación de texto e imaxes contundentes». O premio tamén destaca a orixinalidade da proposta e a capacidade de crear unha historia anovadora con referencias clásicas. A entrega terá lugar o día 17 de decembro no marco do Salón del Libro Infantil y Juvenil de Madrid. NORABOA RAMÓN!!!!!!!!!!!!!!

domingo, 25 de noviembre de 2012

A CAMPAÑA “IMPÓRTANOS” AGASALLOUNOS CUNHA CHEA DE CONTOS DA MAN DA ACTRIZ DE TEATRO E MARAVILLOSA CONTANCOTOS BEA CAMPOS.

O pasado xoves a Campaña IMPÓRTANOS do concello de Vigo, na que participamos, trouxo a nosa escola unha chea de contos da man da actriz de teatro e sobre todo, contacontos, BEA CAMPOS. XAIME E AS LANDRAS, O POLIÑO DA ABELEIRA, PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO E BAILAR NAS NUBES, todos eles da Editorial Kalandraka, ensináronos unha vez máis que os contos son un dos mellores recursos para ensinar e aprender. Nesta ocasión,queren fomentar a convivencia, a solidariedade e a xustiza entre os nosos pequenos e pequenas. MIL GRAZAS BEA, pasámolo xenial!!!! por iso... non queriamos que te foras da escola.

CAMPAÑA IMPÓRTANOS: BEA CAMPOS from maeva on Vimeo.

CAMBIAMOS OS LIBROS DE EMPRÉSTITO NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS.

Libriño e a profe Elena visitamos a biblioteca Xosé Neira Vilas, para cambiar os libros de empréstito e trouxemos una chea deles que aínda non coñecemos. Seguro que gardan historias coas que imos pasalo moi ben.

BIBLIO XN 2 from maeva on Vimeo.

sábado, 24 de noviembre de 2012

CO PLAMBE, ADIANTANSE OS REIS MAGOS…

Co PLAME (Plan de Mellora de Bibliotecas escolares) que nos concederon para este ano, adiántanse os Reis Magos. Unha das partidas do presuposto que se nos adxudicou, é para equipos informáticos, e por iso, mercamos estes iPads. Consideramos que é un recurso que nos vai permitir acceder a moitas ferramentas educativas de maneira divertida e traballar cunha chea de posibilidades nas bibliotecas de aula, na biblioteca de familias e na biblioteca da escola. A profe Marta, a nosa experta en TICS, está traballando neles para poñelos ao día. Tamén vai darnos un cursiño a todas a profes para sacarlles o máximo rendemento e poder seguir o ritmo dos nosos nenos e nenas, que xa nacen sendo uns expertos no seu manexo.

viernes, 23 de noviembre de 2012

FIN DE SEMANA DE TEMPORAL, QUE FACEMOS? AQUÍ TEDES ALGUNHAS IDEAS.

Aquí tedes unhas actividades para este finde que ameaza temporal. SÁBADO 24 DE NOVEMBRO, na Biblioteca Pública Central “Os sábados, conto” ás 12:00. Este sábado o título é ”Teño medo as alturas” con Fátima Fernández. Duración 1 hora. VENRES E SÁBADO 23 E 24, na 1ª planta do Centro Comercial A Laxe, espectáculo de teatro, maxia e contacontos “Fadateca, escola de fadas”. De 17:00 a 19:30. VENRES 24, “Grillos y Luciérnagas” no Teatro Municipal de Tui. Qué pasa cando se espierta a noite? Un mundo fantástico de verdade e misterio. Esta obra teatral da Machina Teatro fai referencia ás luces e os sonidos da noite e é un debuxo teatral, un xogo poético. Será ás 20:00 e a direción é c/Colón, 2, Tui. O prezo son 2€ persoa.

viernes, 16 de noviembre de 2012

MAMÁ CABRA ESTARÁ HOXE VENRES 16 EN TUI

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Hoxe 16 de Novembro fará o espectáculo Ola ola la! no Concello de Tui, na Praza do Concello, 1. Entradas: 2€, 3€. Horario: 20:00. Disfrutaredes de unha morea de cancións para concienciar ós máis pequenos da importancia de comer ben, de respectar o meio ambiente, da amizade... e como non, pasalo ben. Ola ola la! ven de encher todo los auditorios galegos polos que xirou no 2011. Próximamente estarán en Vigo para presentar o seu último tamaño. ¡Animádevos!

jueves, 15 de noviembre de 2012

ESTA FIN DE SEMANA A LIBRERÍA “LIBROS PARA SOÑAR” DO CASCO VELLO, ANÍMATE A VESTIR DE CONTO...

Mañá venres día 16, a partir das 18:30 na libraría LIBROS PARA SOÑAR de Vigo,noc asco vello, celebrarase a presentación pública de CASA K, unha nova marca galega de roupa infantil. O acto de lanzamento da Colección Outono-Inverno 2012 contará coa presenza do astista plástico Óscar Villán, autor das imaxes que ilustran os libros titulados “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999) e “A cebra Camila”, nos que se basean os estampados de camisetas e pixamas para nenos e nenas de 2 a 6 anos. Na presentación realizarase unha sesión de contacontos e un obradoiro infantil de plástica creativa. Animádevos a levar aos pequenos!.

A Campaña Impórtanos! oferta TEATRO GRATUITO en VIGO.

Este ano, a nosa escola está a participar na “Campaña Impórtanos!” do Consello Municipal da Cooperación do Concello de Vigo. Dentro das súas actividades fora das escolas , convídannos a TEATRO GRATUITO para escolares e familias. Será a cargo da compañía "A Tropa de Trapo" o sábado 17 de novembro. Haberá dúas sesións ás 17:00 e ás 18:30, no Auditorio do Concello de Vigo. Dende a escola, animámosvos. Merece a pena moitísimo!!!!!!!!!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

UN ELEFANTE SE BALANCEABA ¿CANCIÓN, CONTO OU XOGO?

Para os máis peques da nosa escola, este conto da colección Luciérnaga da Editorial Edelvives, resultou moi divertido. A clásica canción faise conto, a tea é un obxecto de xogo que se enche de amigos moi diferentes e as arañas non son tan malas como parecen… Aquí podedes ver como xogamos nos.

EL ELEFANTE SE BALANCEABA from maeva on Vimeo.

PARTICIPAMOS NAS "IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA".

A pasada fin de semana, os días 9 e 10 de novembro participamos nas IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Baixo o lema “LER PARA VER”, un enorme colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos, xutámonos no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Para nos, aínda que votamos en falta máis experiencias de educación infantil, foi moi interesante coñecer diferentes experiencias doutros compañeiros en activo, que nos dan ideas para seguir mellorando no noso traballo, na nosa biblioteca.

domingo, 11 de noviembre de 2012

RIMAS EMBRUXADAS PARA SAMAÍN

Aproveitando a data de Samaín, fixemos este obradoiro de papeis rotos para crear bruxas e bruxos de cores. E logo, a inventar una rima embruxada para presentalos. A verdade e que temos cantera para futuros poetas e poetisas...Mirade!!!

BRUXAS DE 5 AÑOS from maeva on Vimeo.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

ÑAM: ¿CÓMO É O TEU MONSTRO?

Este conto da editorial SM preséntanos una historia terrible, onde un monstro come alcaldes, policías, etc. Ata que atopa a Irene, unha nena que saca o mostro bo que o terrible ÑAM leva dentro. Isto axudounos a falar de como son nosos monstros.

MONSTRUOS 4 AÑOS from maeva on Vimeo.

CONTACONTOS CON RAMÓN TRIGO

Este Samaín tivemos a visita do padriño da nosa biblioteca, o ilustrador Ramón Trigo. Con axuda de dous terroríficos axudantes, contounos o conto dun vampiro moi especial...para votar unha man na nosa semana de medo.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Create a digital scrapbooking design

lunes, 29 de octubre de 2012

CONTOS PARA LER NO SAMAÍN…

Aquí tedes unha selección de contos por si vos acercades ás librerías ou bibliotecas, nestes días de Samaín e Halloween, para enchernos de medo. Nela podedes atopar como protagonistas a bruxas, monstros, fantasmas, ogros e demais personaxes terroríficos. Atoparedes contos para coñecer que comen, que lles gusta ou non, o que fan, onde viven,… moitas cousas que nos axudarán a combatelos cando se acerquen a nos nestes días de festa louca.
RECOMENDACIONES PARA SAMÍN from maeva on Vimeo.

24 DE OUTUBRO-DÍA DA BIBLIOTECA!!!!!

Nestes día unha morea de actividades enchen todas as bibliotecas do mundo. Todas elas, para que non esquezamos que son lugares máxicos cheos de recursos e posibilidades que nos axudan a coñecer o que nos rodea e a quen nos rodean. Pero tamén, un lugar cheo de ilusións, imposibles, onde caben moitos camiños e posibilidades, onde se fan realidade os soños e se cumplen os desexos. Un lugar de todos e para todos, que nos axuda a medrar dun xeito positivo, solidario e democrático. Dende a nosa nosa biblioteca un pequeno agarimo a todas as bibliotecas do mundo.

jueves, 18 de octubre de 2012

ANTHONY BROWNE E OS SENTIMENTOS.

A editorial Kalandraka preséntanos este álbum escrito e ilustrado por Anthony Browne. Falar de sentimentos axúdanos a coñecer aos nosos pequenos. As veces é difícil contar que nos pon tristes, que nos da medo, que nos sorprende ou asusta, e o mellor é cando contan por que se poñen contentos. Con pequenas rimas xogamos a contar os nosos sentimentos e a descubrir os dos demais.

ANTHONY from maeva on Vimeo.

miércoles, 17 de octubre de 2012

“CONTOS DO MEDIO” NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Aquí tedes unha selección de contos por si vos acercades ás librerías ou bibliotecas, nestes días de Samaín e Halloween, para enchernos de medo. Nela podedes atopar como protagonistas a bruxas, monstros, fantasmas, ogros e demais personaxes terroríficos. Atoparedes contos para coñecer que comen, que lles gusta ou non, o que fan, onde viven,… moitas cousas que nos axudarán a combatelos cando se acerquen a nos nestes días dfesta louca. 
 
RECOMENDACIONES PARA SAMÍN from maeva on Vimeo.

lunes, 15 de octubre de 2012

INVENTANDO HISTORIAS…DE CROCODILOS

Co crocodilo de ¡PILÚ PILÚ!, xogamos a dar sustos, fixemos carreiras e non paramos de inventar historias. Gústanos inventar pequenas aventuras que saen das nosas pequenas pero creativas cabeciñas. Aquí tedes algunhas.

PILÚ VIDEO from maeva on Vimeo.

OBRADOIRO DE MARIONETAS DE PAPEL: ¡PILÚ PILÚ!

Para o primeiro obradoiro de marionetas, un precioso conto de OQO Editora. En ¡PILÚ PILÚ! Susanna Isern e Katharina Siegescrito ensínannos a simbiose que existe entre animais tan distintos. Na realidade é así, por iso, o chorlito exipcio axuda a o crocodilo, límpalle os dentes e co seu trino avísao de perigos. Con todo, gústannos moito os crocodilos e fixemos un para nos. Primeiro debuxámolo, para ver como é e logo fixemos as formas para o corpo, as patas e o mais difícil, unha boca que se abrira. Tamén pensamos en como facer os dentes e os picos do lombo… ¡con boliñas de papel! E aquí os tedes.

PILÚ PILÚ from maeva on Vimeo.

miércoles, 10 de octubre de 2012

PREMIO LABOR EDITORIAL CULTURAL 2012: " EDITORIAL KALANDRAKA"

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de concederlle a KALANDRAKA o Premio Nacional á Mellor Labor Editorial Cultural 2012 polo “compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a adicación a xéneros máis complexos como a poesía”, calificando a editorial como “un referente en España e no estranxeiro”. É a primeira vez que unha editorial especializada en Literatura Infantil e Xuvenil recibe este galardón.
PREMIO KALANDRAKA from maeva on Vimeo.
Kalandraka iniciou a súa traxectoria editorial o 2 de abril -Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil- de 1998. O panorama da edición en galego presentaba, daquela, algunhas eivas: o álbum infantil ilustrado, de gran tradición e prestixio noutros países europeos, era inexistente en Galicia. Kalandraka apostou decididamente por ese formato para ofrecerlles aos lectores uns libros diferentes, atractivos e enriquecedores. Xurdiron entón as primeiras adaptacións de contos tradicionais, iniciouse ao mesmo tempo unha liña de recuperación dos clásicos da literatura infantil de todos os tempos, e empezaron a publicarse obras de nova creación para promocionar o traballo da canteira de autores e ilustradores emerxentes. Nacían os Libros para Soñar. Dende o primeiro momento, a animación á lectura foi outro dos piares básicos de Kalandraka, ante a certeza de que os libros son o alimento da imaxinación e contribúen a espertar nos nenos a curiosidade e o enxeño, a educalos a nivel afectivo, estético e visual. Así, as sesións de contos e música de Kalandraka percorren escolas, bibliotecas e librarías, transportando e transmitindo a maxia que posúen os libros. O público, a crítica e as institucións tiveron unha receptividade satisfactoria cara á produción editorial de Kalandraka, premiando algunhas obras que hoxe en día ocupan un lugar destacado no catálogo: “O coelliño branco” (1º Premio Nacional de Ilustración 1999), “Onde perdeu Lúa a risa?” (1º Premio Nacional de Ilustración 2001), “Avós” (Premio Llibreter 2003), “A verdadeira historia de Carapuchiña” (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005), “O león Kandinga” (Premio Fundación CJ de Cultura de Corea 2009), “Dióxenes” (3º Premio Nacional de Edición Infantil-Xuvenil 2010), “Miguel Hernández: 25 poemas ilustrados” (3º Premio Nacional de Edición en Arte 2010). Diversos libros foron incluidos tamén en acreditadas seleccións, como a Lista de Honra da Organización Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (IBBY), The White Ravens da Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich, Os Mellores Libros para Nenos do Banco do Libro de Venezuela, Os Máis da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, ou os Planos Nacionais de Lectura de Portugal, México, Chile ou Arxentina. Outra faceta destacada é a proxección internacional de Kalandraka, a través da tradución de libros a outras linguas (inglés, francés, alemán, coreano, xaponés, chinés), a participación nas feiras máis destacadas do sector (Boloña, Frankfurt, Nova York, Bos Aires, Guadalajara-México), e a implantación de Kalandraka en Portugal, Italia, México e Brasil. Co tempo, Kalandraka consolidou o seu carácter plurilingüe: edítanse libros en galego, castelán, catalán (en co-edición con Hipòtesi), eúscaro (en co-edición con Pamiela), portugués, italiano e inglés. En colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago, Kalandraka convoca anualmente o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Asimesmo, xunto coa Concellería de Educación de Orihuela, tamén convoca o Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos, que se publica a través do selo Faktoría K de Libros. Cunha esmerada concepción do traballo en equipo, cun fondo compromiso coa cultura, e cun contacto permanente cos lectores, Kalandraka enfoca o futuro coa expectativa de seguir facendo libros que seduzan e perduren no tempo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...