xoves, 13 de novembro de 2025

Inauguración da Biblioteca

Ola, familias! O pasado luns 10 de novembro abrimos a biblioteca para as familias do noso cole, todos os luns de 16:00 a 17:30 horas podedes acudir para estar na biblioteca e poder facer préstamo bibliotecario.

Como podedes ver a nosa biblio este curso é máis amplia; temos novos espazos , recursos e fondos que están esperando que veñades a visitar.

p





Esperamos as vosas visitas!!!

venres, 14 de marzo de 2025

xoves, 16 de xaneiro de 2025

"Contos que cobran vida"

 O seguinte conto en saír a escena foi " CHIBOS, CHIBÓNS"

Nesta ocasión, despois de gozar da lectura do conto, buscamos elementos que nos servisen de atrezzo para as nosas escenas: construímos a ponte con pezas soltas, empregamos a herba do recanto dos minimundos, simulamos o río con imanix...









venres, 8 de novembro de 2024

"Contos que cobran vida"

Tendo en conta que este curso as bibliotecas escolares saen a escena, iniciamos a secuencia "Contos que cobran vida"

O primeiro conto en saír a escena é "UN RICO PASTEL"

 









venres, 22 de decembro de 2023

Bo Nadal!

O tempo compartido é o mellor agasallo que podemos ofrecer ós cativos e  ás cativas, e que mellor xeito, que gozando dun conto en familia.

Bo Nadal e boas lecturas!

martes, 7 de novembro de 2023

Contacontos en Familia!

Noemí, a nai de Xián, viu a escola a contarnos o conto: "Eu non fun!"

Qué farta de rir!... Pasamos unha sesión moi amena e divertida.

Os beneficios das contadas en familia son moitos. A continuación pasamos a enumerar algúns deles:

  • Fortalece o vínculo coas familias.
  • Potencia a autoestima dos nenos e nenas protagonistas.
  • Estimula a imaxinación.
  • Inclúe o factor sosrpresa na rutina do día a día, potenciando así, o pensamento diverxente.
Grazas ás familias pola colaboración! 
Esperamos con ledicia a seguinte sesión!






Días de Choiva na Biblio!

Días de Choiva nos que poder gozar da biblioteca como un lugar de xogo en equipo e de lecturas, tanto individuais como compartidas.

Momentos, no que os cativos e cativas das distintas idades comparten espazo e xogo, cos benefecios que este feito aporta.










luns, 23 de outubro de 2023

Biblioteca de Familias!

Abrimos as portas  da Biblioteca de familias!

Todos os luns de  16:00 a 17:30 poderedes asistir a nosa biblio para gozar dun intre agradable. 

Cada crianza ten a oportunidade de solicitar o préstamo de 2 contos e 2 libros de adultos. 

O préstamo dos exemplares é de 15 días, con posibilidade de renovarse outros 15 días máis.

Esperámosvos!





luns, 6 de marzo de 2023

O entroido vai de contos!

A temática escollida para este entroido xirou arredor dos contos. A cativada escolleu coa axuda da súa familia un conto da biblioteca da escola e se caracterizou da persoaxe elexida.

A continuación unha pequena mostra:

Axel: "Monstruo de Colores"
Lía: "La gallina Josefina"
Xoel: Serafín, de la Isla de los Mocos"
Iria: " Juega con toky"


Daniela: "Rufus, el murciélago que adoraba los colores"
Saúl: "Rana de Tres ojos"
Xés: " A qué Sabe a Lúa?"


Eric: "Las jirafas no pueden bailar"
Clara: "Daniela Pirata"
Sabela: "Montruo de Colores"
Valentina: Pepper & Poe"
Xian e Lois: animais salvaxes.
Xulia: doutora do Hospital de Contos da EEI Monte da Guía.

As mestras da escola escolleron persoaxes da Colección "Pequeña & Grande" e de "Erase dúas veces a ratiña Presumida".


Lidia: "Jane Goodall"
Sara: "Amelia Earhart"


Yoli: Vivienne Westuwood.
Marta: Georgia Okeeffe



Alejandra: Lucy Moud 
Natalia: Marie Curie.


Natalia y Moni: Gatiña e Ratiña de "Eráse dúas veces a ratiña presumida"
Laura: Federico García Lorca.



mércores, 21 de decembro de 2022

3 desexos, para os 3 Reis!

Co fin de evitar o consumismo e reducir a cantidade de xoguetes cos que se fan as nenas e os nenos , nestas datas,  dend o equipo de Biblioteca aportamos un modelo de carta, os Reis Magos:

3 DESEXOS, para os 3 Reis!

  • Un dos Reis concede o desexo dun xoguete.
  • Outro concede algo que necesitemos: un conto, unhas zapatillas, unha prende de roupa, unha mochila, etc.
  • E o terceiro concédenos o desexo de algo que queiramos facer en FAMILIA.
Que importante é reflexionar coa cativada,  nestas datas... ! Sobre o valor que teñen as cousas e sobre a necesidade de  regalar TEMPO.



Esta Proposta nos recorda o conto "Tres Desexos" da editorial Oqo que temos na Biblioteca da escola. Aproveitamos para recomendalo e que fagades coa cativada unha reflexión tras a lectura.



Bo Nadal!




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...