mércores, 21 de decembro de 2022

3 desexos, para os 3 Reis!

Co fin de evitar o consumismo e reducir a cantidade de xoguetes cos que se fan as nenas e os nenos , nestas datas,  dend o equipo de Biblioteca aportamos un modelo de carta, os Reis Magos:

3 DESEXOS, para os 3 Reis!

  • Un dos Reis concede o desexo dun xoguete.
  • Outro concede algo que necesitemos: un conto, unhas zapatillas, unha prende de roupa, unha mochila, etc.
  • E o terceiro concédenos o desexo de algo que queiramos facer en FAMILIA.
Que importante é reflexionar coa cativada,  nestas datas... ! Sobre o valor que teñen as cousas e sobre a necesidade de  regalar TEMPO.



Esta Proposta nos recorda o conto "Tres Desexos" da editorial Oqo que temos na Biblioteca da escola. Aproveitamos para recomendalo e que fagades coa cativada unha reflexión tras a lectura.



Bo Nadal!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...